A vagalume perdida

vagalume

Si, amiguíños meus, como as abellas, os vagalumes empezaron a desaparecer na miña terra, sen coñecerse as causas nin tampouco os medios, pondo en risco a especie e o seu hábitat.

Cando aínda eu era un meniño, os vagalumes prosperaban nos rueiros húmidos con ambiente cálido, etc. Os vagalumes foron perdendo seus fogares o longo do tempo. Isto quere dicir que conforme nos vamos interrompendo os espazos da natureza, os vagalumes, vanse reducindo cada vez mais.

Era eu un neno, cando gozaba ver os vagalumes polos camiños dos rueiros do Casco ou Fraguiñas, tanto das femias como dos machos, coas súas luces para comunicarse ou aparearse e mantelos intrusos fora do seu territorio.

Posiblemente as luces artificiais provocaron que os vagalumes desaparezan.

A verdade era que Fornelos da Ribeira, era luz, fertilidade e movemento, todo el, un paraíso para eles, rematado pola carballeira de As Fraguiñas, punto neurálxico de todo o seu territorio.

Non sei porque me lembro hoxe daquel 1.945 cando os observei por primeira vez, aparellándose despois dunha tormenta.

De As Fraguiñas ata O Casco, o espectáculo xeraba para min, unha danza, un sono, para estimulalos sentidos e acariciar a imaxinación da nenez.

Aqueles vagalumes, criaturas delicadas que eu trataba de non molestar, eran para min encantadores.

¡Que tempos, vendo aqueles fíos tendidos da larva producindo unha luz para atraelos mosquitos!

Xa me falaran no eido que facía moitos anos que nas carballeiras de As Fraguiñas, se iluminaba cada noite grazas os vagalumes. Me comentaban que estes animaliños formaban un enorme grupo que vivían en comunidade, dentro dos ocos que había nas cortizas dos carballos centenarios. Cando desaparecía o cálido sol do verán e un manto escuro cubría todo, os vagalumes moi xuntiños se puñan a bailar. Centos de luceciñas iluminaban o rueiro creando un espectáculo visual que non vexades: “Era emocionante”.

A luz do quinqué, me contaban que os vagalumes gozaban dun ritual nocturno, menos unha que non quería saír. Ningún o entendía. O contrario dos outros orgullosos, ela permanecía oculta no carballo.

O parecer un vagalume experto no arte da danza nocturna quedouse falando con ela.

– Querida netiña: ¿Que e o que che sucede?¿Que razóns tes para non saír como as demais?

– Dáme vergoña. Cando vexo a Lúa iluminado a noite nestas Fraguiñas coa súa brillantez, séntome insignificante.

– E certo, querida neta: A Lúa non sempre ilumina igual as noites, non brilla igual sempre. Cando está chea a luz invade todo e aclara a noite, pero cando está crecendo ou minguante o seu brillo e menor.

– ¡Ai, filliña!, a Lúa e tan pequena que si non fora por nós, as Fraguiñas, parecerían as tebras.

– Agora entendo a misión para a vida das Fraguiñas. A partir de agora, sairei tódolos días a compartir o máxico baile da luz coas súas compañeiras. Así tamén o entenderon os veciños para celebralas festas e romarías.