A invernía na miña aldea

piñeiro da forca
Eu que son de aldea, direi que son de Fornelos da Ribeira, digno de ser estudado. Hoxe constitúe un eido duns 900 habitantes, metade homes. A Igrexa venera o seu santo patrón: San Xoán.

A miña aldea fora fundada polos Fornelos de Teo, próximos a Santiago de Compostela, sen montes de importancia, so o Agrelo, e goza do respaldo dos ventos e nos vales os regados do rio Tea, que desemboca en Salvaterra.

A historia da miña aldea, procede dun núcleo de familias que foron aumentando polas unións sucesivas de femias e homes, con algún elemento estraño próximo.

Na fundación de San Xoán de Fornelos, logo Fornelos da Ribeira, aló polo 29 do marzal do 968, coincidindo coa loita próxima o río Louro, as xentes do clan existentes se foron estendendo obedecendo a un xefe que todos chamaban pastor, logo alcalde de barrio ou alcalde pedáneo, que tiña e ten certa autoridade. O clan tamén tiña os seu deuses. Apareceu o patrón San Xoán e naceron os fregueses. Logo naceron os rueiros ou lugares. E así ata hoxe.

Das escrituras forais se deduce que a miña aldea, a túa tamén, o Castro escriturou o foro que di “uso affuero el my casar de. . . con toda casa y eredade arbore e prado e postos e divisos, e mais adiante fuera ende que nos non afuero la eredade de palleyros, porque la quiero para fazer enella un casar que sy fuere morado sea del que lo morare”.

A leira de palleiros era terra apropiada para o cultivo de cereais.

Nestes tempos, na miña aldea se practicaba a autonomía por costume, polo que as familias vivían en paz. Houbo un tempo no que nacera o Concello e as xentes representaban a aldea, deliberaban e acordaban. Celebraban as xuntas os domingos e festivos despois da misa. Era costume convocalos a toque de campá; dúas badaladas despois do segundo toque.

O ar libre, no adro da igrexa se celebraban as xuntas.

O aproveitamento da terra e reparto se facía de forma distinta: Para pastos ou rotulando para sementar. Os pastos nos montes se aproveitaba para o gando sen distinción de clase social algunha.

“Que o San xóan faga bo pan”. Era o outro tema.

De Yañez de Castro, vinte e oito ducados, unha viña, cabida 8 xornais, etc. Eran o que tiñan que pagar as xentes polos tributos obtidos da terra.

De freguesía a Concello dependente da xurisdición de Ponteareas por pouco tempo.

Na miña aldea convertida en Concello as crenzas nas penas e recompensas da vida futura estive moi arraigada. Asi cando unha persoa se sente próxima a última da súa vida, despois do testemuño, o funeral e enterro, encargando os parentes cal e a súa vontade . . . (Cando teña tempo e ganas seguirei co tema).