Tui: Conta a lenda . . .

tui catedral

San Telmo, patrón de Tui, enfermara cando se dirixía a Santiago de Compostela no Abril do 1.251 que o obrigou a regresar a Tui, onde morreu o pe do cruceiro e monolito que o lembra.

Isto é o que di unha das historias, pero a outra di que Pedro González Telmo, estaba enfermo e prognosticaron a súa morte cando predicaba nunha igrexa de Tui.

Fora, como fora, cando se dispuña ir o Convento da Orde de Santiago ,coa intención de morrer alí, no quilómetro 4 do percorrido, coñecido como a Ponte das Febres, obrigouno a regresar a Tui.

Os legados non están claros; ademais da citada ponte, a igrexa de San Telmo, está aí, dende o século XVIII para demostralo. Tamén a Ponte das Febres, en Ribadelouro que está a 108 quilómetros de Santiago, dentro das terras máxicas que se perden na antigüidade. E, si queredes, as lendas obedecen a que Diómedes, heroe de Aqueo, rei de Etolia bautizara na súa honra o seu pai Tydeo.

Tydeo e Lacidarium, Lazaoiro despois, formaron parte logo con Salvaterra do Miño, da historia, mitos e lendas, algunhas chegadas ata nós, ademais de poder contemplar a capela do Sacramento, onde o Pedro Madruga impartiría xustiza nun e outro rueiro.

Foi Francisco Castro Canseco, no século XVI, o que nos ensinou importantes pezas de sillería do coro do ano 1.699. fabricadas polo noso Domingo de Pazos.

Tamén hai que dicir algo do enclave, creando imaxe e lembranzas únicas, o Peto das Ánimas, o culto os mortos, a piedade da xente co purgatorio acadando finalmente o Ceo.

“Unha alma tes, non mais se perde ¿Que fas?”

De Tui a Ponteareas, pola Ponte das Partidas que mais dun dicía: Das paridas.

E non era para menos, porque para uns, era onde se xuntaban os ladróns para repartilos roubos; para outros, onde se unían os cabaleiros contra os mouros. E aínda mais: Aquí fora onde se xuntaran os irmáns, Asunción, Lucía, María da O, Marta, Amaro, Brais e Cibrao, que decidiran predicar a verba de Cristo . . .

Todos foron santos e venerados nas capelas de Pesqueiras, Ganade, A Picoña, Ribarteme, Lira, Areas e Guláns. Todos dentro da comarca.

A Ponte das Partidas, tamén foi utilizada para que as mulleres preñadas chegaran a bo termo. Para elo, a medianoite esperaban o primeiro camiñante que pasara para apadriñar o futuro fillo, chegando a chamarse a Ponte das Paridas.

Historias hainas, o caso e dar con elas, como a de Pelaio no 881, cando vira pola noite unhas luces estrañas acompañadas de cantos sobre o val e monte, comentándollo o bispo, quen mandou cavar, encontrando a tumba do apóstolo Tiago.

Hoxe camiños hai moitos e peregrinos tamén, de tódalas partes do mundo. E agora que volve o sol e a calor, para dar un paseo polo parque da Canuda, en Salvaterra, camiño de Fornelos da Ribeira, se pon punto final.

Aquí queda a historia conservada para non esquecerse dela. Tamén a terra meiga que tanto inquietaron os nosos antepasados.

En canto as igrexas, capelas e ermidas, todas teñen unha lenda fundacional entre si, como feitos sobrenaturais, como a capela Santa Rosa, no rueiro de O Casco, no meu lugar de nacemento. Outra mais.