Xa quixera eu . . .

aldea galicia aldeáns

Crear un proxecto, como o da SEMILLA en Cádiz, (SEMENTE, en galego), na miña terra de Fornelos da Ribeira, recuperando os baldíos e terras sen cultivos, creando fermosas zonas, aproveitando terras, e sensibilizando as xentes para que se acheguen a elas.

Xa sei que non é tarefa fácil, pero nas diferentes etapas, con talleres e actividades volveran a conectar co medio.

A SEMILLA, ou SEMENTE para nos, aportaría grandes retos e cambios no Condado de Salvaterra e a Paradanta. So mentes e necesario vontade dos rapaces que encontren na nosa parroquia o espazo cultural onde levar a cabo este sono.

Para elo, e necesario crear unha Asociación cultural, sen ánimo de lucro, taller de experimentación ambiental, co obxecto de realizar un proxecto ecolóxico sostible, no eido mais apropiado, que ben podería ser en monte en man común, para a sensibilización na permacultura, cociña vexetariana, aproveitamento dos recursos naturais e o consumo razoable.

Vida familiar en comunidade, porque A SEMENTE, ten que ser proxecto vivo, incluso con participación voluntaria. Faría falta unha sede para actividades, logo, unha choupana (cabaña), con cociña macrobiótica e ecolóxica, elaborando artesanalmente con léveda nai, pan, ou outras actividades gastronómicas con cursos e talleres, mantendo sempre o ambiente familiar etc. etc.

Educación alternativa, organizando proxectos de pedagoxía activa, porque a educación e un tema que nos move a todos e nos gusta tamén.

Hai que comprometer a xente para o cambio de unha sociedade mais xusta e igualitaria.

Fornelos da Ribeira ten unha situación inmellorable para o goce, e arredores para o sendeirismo e goce. Ten enclaves singulares que na primavera verán, ten maxia e enerxía especial, todo baixo un verde florido, que non e pouco.

Agora que vou vello, lémbrome do sabor da sandía e o deambular pola horta contemplando as legumes e froitais. Das uvas non sabíamos mais que son moi apetitosas, pero non sabemos da cantidade de beneficios que teñen, como os ovos como alimento que son os campións.

A SEMENTE e a asociación cultural, sen ánimo de lucre apropiada para estes mesteres.

Todo isto e moito mais habería na asociación cultural A SEMENTE, como proxecto para o campo e para a vida, realizando actividades coas demais asociacións existentes, ofrecendo un lugar para aprender e intercambiar, para nutrirse e descansar, para relaxarse e meditar.

Aberto a todo tipo de ensinanza, etc. etc.

Non esquecer que Fornelos e un escenario propicio para estas alternativas con vida natural. E o ideal para os amantes da vida natural, ofrecendo interese ante o tempo materialista que temos, e a presa, que domina a vida cotiá. Aquí os queda a idea.

Anuncios