Vivencias do século

aldea

Nestas vivencias do século, lémbrome do candil, colocado na parede, listo para ser acendido o caela tarde, e ter o privilexio de iluminalas horas do fogar. Teño a honra de habelo visto aínda nalgún fogar usalo, ante a corte da luz eléctrica.

¿Os imaxinades esas longas noites de inverno o pe dun candil?

A vida, sen embargo, transcorreu con normalidade, e aínda tiven a sorte de cear algunha vez a luz dun candil. E ¿Que pasaba cos nenos coa tarefa da escola?

A pesares de ser reemplazado por modernos faroles, logo coa luz eléctrica, sei que en mais dunha ocasión ten sacado de apuros a mais dun, cando se vai a adega.

A leiteira ou leiteiro, que munsía a vaca de madrugada, cargada co cántaro, coidando do seu contido, e comezalo seu percorrido de fogar en fogar, deixando en cada casa a leite fresca.

¡Cantas veces observei en Vigo, deixando a xente na porta a ola, cos cartos, para recoller a leite! E nos días de chuvia, xamais deixaban as xentes sen o alimento.

O evocalos, xurde a lembranza de quen adicou a vida a este oficio, gañando o corazón de todos nos.

¿Quen non lembra aquelas sufridas e abnegadas donas, que había en Fornelos!¿ Quen non as lembra? Todas recollendo o cabelo co seu pano na cabeza anudado na caluga, vestidas de longo ocultando as pernas, etc. Vivían adicadas o fogar, cociñaban o xantar utilizando a cociña de leña, lavaban a man, cultivaban a horta e axudaban o home nos traballos do campo.

Todas ben se merecen esta lembranza pois se vían pechadas nas casas lonxe dunha vida social activa, non como agora, que aceptaban con resignación, baixo aqueles batóns que infundían respecto.

Tamén como non vou lembrar aquela letrina (cagadeiro), construído na galería do fogar de Cambra, no lado esquerdo con porta de madeira e fiestra de ladrillo.

No seu interior, sen ningún amoblamento, había un gancho de ferro con follas de xornais, hoxe reemplazadas polo papel hixiénico. Isto aquí, pois nos demais fogares ían as cuadras, e cando chovía non vexades as corridas, para non mollarse.

¡Como non me vou lembrar da romaría da Nosa Señora das Dores! O saír o sol, a salva das 21 bombas. Era cando neno, un espertar diferente e o treboar das bombas movía o meu sentimento. Era a nosa festa principal.

Nos levantaba presurosos, concorriamos a Igrexa, a misa maior, e revivíamos a nosa historia, sentíndonos orgullosos da terra.

Tamén me ven a mente aquelas cartas e sobres de luto ¡Si! Ademais dos longos períodos nos que as donas se vían cubertas de roupa negra, silencio no eido, e si nese tempo escribían algunha carta, aparecía no ángulo superior esquerdo unha liña negra inclinada, o mesmo que no sobre, así a persoa que a recibía, a simple vista, sabía que o remitente estaba de luto.

Os homes de luto levaban garabata negra e un brazalete sobre a chaqueta duns sete centímetros de ancho que o pasalo tempo foi cambiando por unha cinta negra colocado no ollal.

¡Canto sacrificio para cumprir con esta absurda costume!

¿Como non me vou a lembrar da ventosa? A nosa ventosa. Xa ninguén a coñece, pero no fogar algunha había. Era de vidro con forma de vaso, xunto a untura branca coa que se frotaba o lombo e o peito no caso de refríos e catarros. Era infalíbel para a menciña caseira.

Xa ninguén se lembra, pero, si ben se di que aliviaba o lombo, a súa aplicación era un verdadeiro sacrificio. Acostado boca abaixo, co lombo descuberto comezaba a cerimonia con aceptada resignación.

Se elaboraba un hisopo con un anaco de arame e un algodón na punta mollada en alcohol acendido. Introducían o tal hisopo no interior movendo en circular arredor, para quentar e consumir o osíxeno, e con rapidez se puña, unha, dúas e tres veces. Se tapaba o lombo con una toalla, logo prexionaban e masaxeaban con talco.

Curiosamente, ninguén lembra con simpatía este aliviadeiro ¿Verdade?

Recoller a colleita era un oficio que se levaba no verán. Os nenos eran os encargados de repartilo viño para saciala sede. Todo foi desaparecendo como moitas mais cousas.

¡Home! ¡Quen non se lembra do pozo da auga! Que viu a compartir a vida co vello caldeiro e a roldana. Nos aliviou bastante ata encher o balde que levabas a cociña, ou cando se empregaba para lavala roupa ou regala horta. ¡Cantas veces non reguei eu as fresas que entón tiñamos nas carreiras do eido! E sobre todo os caraveis.

¡Ai, da bacinilla! Taza para aliviar as longas noites. . .

¿Se imaxinan nesas longas noites ir a cuadra? Sobre todo no inverno.

Sento certa nostalxia pola utilidade prestada.

O lavabo, palangana e xarro da auga, en cada habitación para refrescala faciana. Así foi pasando ata chegar os cuartos de baño.

¿Haberá quen non teña algunha destas reliquias familiares como parte da historia?

E ¡que me di da cociña de leña! Inseparable compañeira da dona da casa que non paraba de cociñar o xantar para toda a familia!

Nos veráns, sen ventilador, pese o calor; e no inverno sentada o calor do forno contando anécdotas. ¡Ollo! Tampouco faltaba o ladrillo quente para metelo na cama, cada noite, polo frío que pelaba.

E nin que dicir ten do espertador que nos puña en marcha co seu cri, cri, sen esquecerse de darlle corda.

Nos tiñamos un colgado na parede no salón, co péndulo dourado e moble vistoso.

El se encargaba de marcar as horas con un toque especial, pero pola noite, ¡Que pesado se facía!

Hoxe, amigos, temos moitos sucesores, e nos pasamos marcando o tempo, ou o paso do tempo, sinalando as horas de vida.
Non falemos do mantelo de fío branco, para as ocasións, e algún que outro festexo familiar. ¡Cantas historias esconden, cando reunidos arredor da mesa, chegaban os familiares para xantar!

Non sei falar para contar aquelas fermosas historias da familia e da aldea.

¡Si falara a sopera que me permitía servir abundante sopa! Era un orgullo, cando diante de min emanaba exquisito aroma. Era sopa de pucheiro, que había fervido sobre cociña de leña lentamente.

Hoxe está de adorno. Cando vexo algunha sinto a presenza da sopa da nosa avoa.

Por último, lémbrome do baúl dos recordos, gardado con moito amor no corazón da madriña, meus pais e avós, que co seus exemplos me ensinaron a buscala felicidade e estas pequenas vivencias cotiás.

Gardo lembranzas no meu interior que deixarei voar para que as vivencias atesouradas voen e voen con bágoas de emoción:

¿Onde estará a familia
que compartiu conmigo?
¡Quen sabe, a onde foron,
E que foi deles!
Regresarei o meu eido
Que sigo amando,
Co corazón na distancia.