Un modelo: ¿Mais. . .?

zapateiro

(Dedicado a familia do amigo Silverio Ribera)

Fora mais ou menos no 1.940 cando o esplendor dos oficios en Fornelos da Ribeira, seguía con varios xastres, varias modistas, e un zapateiro no centro de As Fraguiñas, chamado Silverio Ribera, que na gloria estea.

A historia é esta: A tía María do rueiro de Abelán, había arranxado co amigo Silverio, un par de elegantes zapatos, para completala vestidura da voda da sobriña que ía a casar. Silverio para elo, encargara en Ponteareas dúas parellas de zapatos, un marróns e outros mais claros. Se quedara cos mais escuros.

Un día, pareceulle a tía María, que os mais clariños eran mellores e polo seu home, pediu a Silverio facer un cambio. A caixa perfectamente envolta, tal como lla entregara Silverio, a levou debaixo do brazo o traballo para logo o saír, achegarse a Silverio con ela.

Sempre atento, cando chegou o traballo gardouna na taquilla, para recollela a saída.

Concluído o traballo, colleu a caixa dos zapatos, non sen antes botarlle un vistazo, por si acaso, “coñecendo os bois cos que araba”.

Chegado o taller de Silverio, díxolle que a dona quería cambialos polos outros mais claros. E mentres explicaba o asunto, Silverio desenvolvía a caixa, e o abrila, quedouse mudo. ¿Mudo? Si, sentiu un frío e como puido lle di: ¿Isto que é? ¿Un chiste?. . .

Porque ante o visto, Silverio non aguantaba a risa, e sacaba da caixa uns zapatos de punta de agulla, cheos de terra e merda que abertos parecían festexar silenciosas carcalladas do desenlace do cambio. Asi fora a cousa.