A morte vive comigo

cementerio morte
Lévoa comigo, e moita xente se preguntará como e o feito de entender a morte desta maneira, evitando o pensamento do medo, e que a morte non axuda a superar. Para min, dicir que a morte vive con migo e vital, para mantela calma, sobre todo, cando sobreveñen os pensamentos da morte.

Unha boa operación de demostrar que a morte vive comigo, e ter conciencia dela. Éche unha boa estratexia para superala morte escribir, escribir e escribir, xa sexan nos momentos nos que te sentes ansioso, como dos actos que realizas cando pensas que a morte vive contigo.

E imposible controlar o incontrolable. Por iso, si sabes controlar que a morte vive contigo, que te podes morrer, aprende a prestarlle atención e controla so aquelo que está nas túas mans.

Agora xa non, pero cando conducía imaxinaba o terrible que e morrer dun accidente de tráfico, pero en lugar de obsesionarme, controlaba os límites de velocidade, o uso do cinto de seguridade, pensando que a morte ía comigo. Si es dos que pensas que a morte vai contigo, ¿Que ocorrerá se…? Si xa sabes que contigo vai.

Imaxínate o día do aniversario que sentes que te queda un ano menos de vida, en lugar de pensar nisto, pensa en ser feliz, agradecido por ese ano mais, rodeado da familia, dos amigos e veciños.

Pensando que a morte vai con un, non se pode imaxinar a escena onde se pode morrer. Intenta pois, rir e rir ata da propia sombra.

Unha das miñas preocupacións cando a morte deixe de vivir en min, e que se cumpra o meu desexo da doazón do meu corpo a Facultade de Medicina de Santiago de Compostela para que aproveiten, si se pode, algo do meu corpo en favor dos de mais. Porque me aterra perder o control da situación e da responsabilidade da vida, en favor dos de mais. Cuestión de fe. A vida e a morte conviven e varían segundo a relixión.

Vive cada día coa morte e ao longo da vida non desaproveites un segundo, porque en cada detalle, ata nos días mais escuros, sempre se pode aproveitar unha raia de luz que nos brinda a vida.

¡Que nos importa o que poida ocorrer mañá! Nacemos para vivir e vivimos para morrer:
E si a todas partes vas
comigo no pensamento,
no sopro do meu alento
E na sangue confundida
¿Non serás, morte, na vida,
Auga, fogo e tamén vento?