A árbore da capela Santa Rosa

inxerto mazaira
Foi, amigos, no seu día a raíz da ciencia e frondoso en soños.

Foi pequeniño e agora belo e venerable na súa morte.

A súa raíz sabía e férrea afondou na terra de O casco, diante a capela de Santa Rosa, para facer de bronce o trono marabilloso da ramaxe a Santa.

Foi, si queredes a Arca do Casco, a alma o pe da capela, a árbore da nosa humilde historia, para min de rapaz, tan alto, baixo a mirada dun neno.

A vellez chegoulle, os anos veñen minando a morte. Xa non se respectan os deuses.

Hoxe vai sendo grande e a súa resurrección inevitable.

¡Cantos anos afirmando a vida!

Foi, para min vivindo alí, a sede infinda do meu futuro, forxándose a súa inmortalidade na terra o descoñecido.

Árbore da Capela Santa Rosa! Mereces un ben merecido homenaxe dos vivos ¡Aquí está un! Porque camiño da morte, que é unha grande desgracia, evocar emocións de orde superior.

Excluídos sentimentos persoais, fun nado o teu pe, e nel reside a miña reliquia mais apreciada: A familia Cambra, que xa non está.

Aquí baixo o teu manto, pasei os mellores anos, recibín os rudimentos do saber tendo por mestra a miña madriña Alfonsa, mais que meus pais, sentado no xeonllo obsequiándome con bicos, e as primeiras letras con Xosé Álvarez, mestre de Lourido.

Hoxe xa se está apagando os teus anos de vida, vello e enfermo, como eu. Así imos acabando a vida, encamiñados a verdade cuxo culto será o porvir.

Cando nacera este meniño, ti xa estaba aí, dándolle sombra a capela.

A túa antigüidade non a sei, pero seguro que tes mais dun século, pero agora mais que nunca, e meu deber ante a racha de escurantismo sacar de ti as ensinanzas que nos leven a verdade.

Adeus amigo, cos sonos de quen te plantou aí, fai tantos anos.

Este fillo dos seus propios esforzos, mestre de si mesmo, traballando lonxe da túa sombra, en silencio, devorando infinitas amarguras, pero sostendo en pe a alma, a fe, e a conciencia plena, no seu último destino, te lembra con agarimo.