María Avelina Cambra e a escola pública en Cuatreros (Arxentina)

escola lourido

Unha escola e a síntese mesma de cada xeración que foi pasando por ela, atesourando nas súas paredes vivencias únicas, que continuaron na alma e lle deron vida a María Avelina Cambra, descendente de Juan Bautista Cambra e Rivas, nado no eido de Cambra, no Casco, en Fornelos da Ribeira.

Evocala ou elixila e unha tarefa grata para min, e motivo porque trae consigo a nostalxia do tempo que se foi, que predispón a miña memoria.

Dentro deste marco infinito de experiencias afloran como María Avelina Cambra foi mestra da Escola Pública nº 19, de Cuatreros, (Bahía Blanca), o 25 de Maio do 1.955, substituíndo por xubilación a Gregoria Solamillas.

Era deber de cada docente transmitir aos seus alumnos a cálida verba, que fortalecía o ánimo, e tanto María Avelina, como súa irmá Sara Elena Cambra, o gañaban cada día.

No “baúl das lembranzas”, quedou a historia, como testemuña, daquela maneira de ensinar que a alumna Brenda Barrueco, recompilou, nesa belida historia.

A Escola Xeral Básica nº 19, ofreceu sempre o por que, para que os meniños puideran aprender vixiando o seu desenrolo, a súa formación básica, e sobre todo, confiando en quen ten o seu cargo a educación no segundo fogar.

Tanto María Avelina, como Sara Elena Cambra, mantiveron viva a chamada da honestidade, respecto e tolerancia, valores que foron o compás da familia Cambra e Estévez Cambra.

Da Escola nº 27, tamén sabemos parte da súa historia e do homenaxe a señora de Estévez Cambra, nos seus 94 anos de tarefa educativa, única polos moitos anos.

Salvador Louro, di que chegou a Cabildo nunha dilixencia, dende Tandil no ano 1.902 e asistiu a Escola nº 19 funcionando por primeira vez na casa da familia Lenz, actualmente familia Vander Ploeg, e logo despois no emprazamento actual co mestre Estévez Cambra, que espero aclarar.

Tamén Gregoria Ríos, nada en Cuatreros, hoxe Daniel Cerri, no 1.916 como literaria, pasou inadvertida pola súa xente, pero aquela FLOR, chamada Gregoria Ríos, brindoulle as fragrancias literarias aos ventos da América Latina, gañando admiradores cos seus versos. ¡Era tan simple a vida! Que nacendo en Cuatreros Vello, asistira a escola nº 10 lembrando con cariño o seu mestre Estévez Cambra, o seu segundo pai, que gustosamente lembra ela, e lembro eu do meu parente.

Aquela primitiva escola feita de chapa revestida de madeira con 4 aulas, unha para nenas e un baño fora, no paraxe Vitícola Arxentina. Así se escribe aquela vida.

Hoxe cos meus cabelos brancos neve, polo paso dos anos, cando evoco os meus antepasados, teño a inigualable oportunidade de homenaxealos a través destas sinxelas anécdotas.

Me emociona comprobar como el doutor Israel Katzman, di haber sido nado na Capital Federal e a súa infancia en Cabildo, cursando os primeiros estudos na escola primaría do mestre Cambra e a mestra Carrica, en épocas de pouca bonanza.

E xa que falo de Cabildo, direi que e un pobo de xente traballadora a que acudían os nenos a escola nº 19 e 27, camiñando polas beira rúas, sen asfaltar evitando o barro.

Cabildo e polo tanto unha localidade arxentina, provincia de Bos Aires, partido de Bahía Blanca, con uns 2.200 habitantes.

Venme a memoria que alí quedaron para sempre os Cambra, excepto Jesús Cambra que morreu en Vigo, e os Estévez Cambra, que non puideron retornar a terra que os vira nacer. D.E.P.

Eu, despois de tantos e tantos anos os busco ata dar con eles. Así o espero.