Non somos donos da terra

terra mundial

Ben sabían e ben o saben os fornelenses da Ribeira do Tea, que a Terra non perténcenos, se non que o home pertence a Terra. O home non creou a vida; e so un fío dela. O que ocorre na Terra e para os fillos dela.

E ¿Que facemos nos para salvala Terra? Isto quixera eu preguntarlle os cativos de Fornelos, tan identificados coa terra, cos pais e cos docentes. Porque os nativos consideraban a Terra como exemplo de vida, e loitaron contra os que pretendían mercalas e deixalos sen lugares onde vivir. Seguramente, que algúns dos nosos meniños para salvala súa terra, a do seu querido Fornelos, plantarían árbores, recollerían o lixo do eido, e incluso coidarían da escola. A terían como unha patena.

Os nosos veciños de Fornelos cando emigraron a América Latina, observaron como o indio coidaba xa naqueles tempos, a flora e fauna, e actuaban para que as novas xeracións non sufriran pola súa culpa.

Penso eu, que aqueles indios tiñan toda a razón, porque si non se coida, dende o eido da nosa terra para seguir vivindo. ¿Que pasaría?

Non e unha idea nova, e algo ancestral imposto polo instinto. Tódolos animais procuran ter o seu lugar, os paxaros os seus niños, para desenrolar a vida e asegurar a súa descendencia. Claro que os animais por sorte, non necesitan estudo, e non fan como nos, quizais por sentirnos superiores ou polo que aínda e mais grave: “O afán depredador, con razón ou sen ela”.

Desgraciadamente o home e o maior depredador da natureza que chega a límites extremos.

Eu dende moi pequeno tiven presente o valor da liberdade e a independencia. Todos nos consideramos donos da nosa vida .Lonxe estamos de ser real. Agora, despois de tantos anos, penso que deberíamos cambiar a nosa relación co mundo que nos rodea, e pasar a controlar a natureza, e entender que formamos parte dela.

Agora que o deterioro do medio ambiente nos afecta, debemos detelo. Frear aínda que sexa a regaña con un cambio de mentalidade e actitude, baseado no respecto e admiración que sentimos pola nosa terra que debemos coidar deixando un Fornelos adecuado para os que veñan.

Lendo un traballo de Fin de Grao, de Herlinda T. García Hernández da Facultades de Ciencias da Educación da Universidade de Granada, emocionoume non so por ter unhas costumes propias e unha vestimenta que identifican aos indios da Amazona, senón, porque en cada un deles a natureza e nomeada a Terra de diferentes formas, pero todo o seu significado e o mesmo: “Na Terra”.

1. ¿Cando veremos rotulados tódolos rueiros e vieiros de Fornelos cada un coa súa historia, e as beira rúas floridas?

2. ¿Cando veremos escrita en paneis a nosa historia pasada?

Aquí quedan as preguntas, faltan a resposta.