Sara Helena e María Avelina, dúas educadoras

colegio

No meu propósito de exploralo o pensamento pedagóxico desta dúas grandes mulleres, fillas de Pedro Manuel Cambra, descendente este de Juan Bautista Cambra e Rivas, nado en Fornelos da Ribeira, emigrante na Arxentina, tiven a oportunidade de rescatar algúns valiosos aportes con os que as dúas educadoras mestras, enriqueceron a labor nas escolas arxentinas.

Mergullar no pasado me predispuxo albiscar liñas de continuidade no campo pedagóxico. Furgando nos vestixios das súas accións e na resonancia, animoume a revisar a herdanza e o legado da entón “Nai Patria”, recoñecendo precisamente nelas a súa traxectoria positiva. Eu asumín o desafío que implicou a herdanza e recoñecemento histórico da familia Cambra, capaz de intervir sobre a situación das primeiras infancias do pais.

Dende tan lonxe imaxineime as dúas irmáns, nun ambiente social e natural a escola, como bastión cultural, ocupando seus lugares na vida, crecendo dentro da escola, ata que a familia aceptou a ensinanza laica e ingresaron na Escola Nacional, encontros de maneiras recorrentes nas fontes primarias, asumindo estas dúas irmáns as súas profesións como labor de apostolado, sendo formadas non só para a ciencia, senón, para o espírito, sendo abnegadas e sacrificadas, en alusión a docencia como apostolado.

Resulta para min tan difícil a tarefa de categorizar o pensamento pedagóxico destas mestras educadoras, que non deixaron de ser normais durante as súas carreiras, asumindo ámbalas dúas o rol de “apóstolos do saber”.

Tanto María Avelina como Sara Helena Cambra Kennedy entenderon que toda ensinanza debe partir da natureza que e causa e teatro da vida, e non da organización política, por exemplo.

María Avelina na Escola nº 9 e 10 de Cuatreros, segundo o Boletín de Comunicacións do Ministerio de Educación do 17 de maio do 1.955. E Sara Helena da Escola nº 63 da provincia de Bos Aires e do Colexio do Apostolado. (Exp.n1 57,715/952)

Eu, dende este recuncho de Fornelos da Ribeira, ríndolles esta pequena homenaxe a estas dúas mulleres que deron vida cotiá nas aulas. Homenaxe extensivo a tódolos traballadores dende o sentir e palpitar da infancia que trataron e seguen tratando de sacar a diante o mais valioso que cada un leva dentro, para crear, facer, dar, comunicar, axudando os nenos a seren eles mesmos. Vai para vos María Gabriela e Gabriel Baez Cambra. Un abrazo.