Para os que descansan en paz

cementerio morte

Hoxe este blog quere render homenaxe aos que descansan en paz, no Cemiterio Cívico Relixioso no Coto de Sa, que nos precederon no duro camiñar da vida, tanto dos que quedaron fora como emigrantes na América Latina, que se esforzaron por enviarnos cartos para contribuír a grandeza de Fornelos da Ribeira, como os que aquí estamos e os que aquí descansan en paz.

Este cemiterio cívico relixioso, e por si só, unha homenaxe a morte, e a síntese histórica dos nosos emigrantes na Arxentina. Grazas a eles, se rende homenaxe a morte, simplemente con unha lápida dos nosos benfeitores económicos aló dos mares.¡ Con tan pouca cousa!

Os meus 87 anos, estudala morte equivale a estudar a vida e os seus valores, que di moito das xentes dos nosos rueiros e das súas cousas. Por iso, hoxe e os meus anos faime mais consciente o fin da vida, reafirmándoa en cada momento.

As veces algún amigo me fala do cambio ou da maneira con que nos relacionamos coa morte. Sempre digo que hoxe a morte está mais contestada e oculta que nunca. Pola outra banda, se sabe hoxe que a morte e mais visible que nunca pola cobertura que se recibe dos medios de comunicación. Tamén os meus propios pensamentos varían, pero do que estou seguro e de que cos tratamentos médicos actuais nos permiten prolongar a vida mais anos.

Eu impulsaría a calquera a que se dera unha volta polo seu cemiterio e observara o que se pode aprender del. E tamén do exterior para aqueles que non coincidiron coa relixión que profesaron e quedaron excluídos. En Fornelos houbo algún (D.E.P.).

Entrando, encontramos os nichos que renden homenaxe os mortos da parroquia. Aquí encontramos as raíces e a herdade dos nosos des encontros. Aquí, está a unificación de todos.

Hoxe, aquí, pido simplemente que este cemiterio construído cos cartos dos emigrantes fornelenses, entre eles, meu tío avó, deixe de ser propiedade da Igrexa, que non ten dereito a ela, por ser patrimonio do pobo, como os camiños e rueiros. E pido para todos os desaparecidos da TERRA, que ensinen os vivos, incluso da igrexa, a soñar con un mundo de respecto polas ideas dos outros, aplicando a Igrexa o que e patrimonio popular do pobo, incluída a capela Santa Rosa, do rueiro do Casco, propiedade particular de Jesús Cambra e Rivas, dono da finca e propietario particular da mesma, usurpada pola Igrexa ilegalmente, pois son eu o único supervivente da entrega da chave para dar culto, pero non para a súa inscrición como propietaria que en tal caso, pasaría a ser propiedade do pobo, pero nunca da igrexa.