A purga de San Benito e outras

Cando aínda era pequeno esta e outras purgas, eran as que se levaba no meu Fornelos da Ribeira. E posible que noutros lugares tamén se levaran ¡Porque non!

Lémbrome que se lle daba o nome de “purga de San Benito”, a cal quer remedio do que se esperaban resultados inmediatos e definitivos. E dicir: Case que milagreiro. Esta purga facía mención a unha de tantas herbas que pese a permitir curas milagreiras non servían, senón para amargala boca e ensuciar o estómago.

Venme este conto o meu familiar Clemente Francisco Cambra, profesor cirurxián, de diagnosticar as enfermidades, pero sobre todo, curalas, aínda cando poidan descoñecerse a súa natureza e orixe. Situación que se trasladaba no falar popular a purga de San Benito.

Hai tamén quen se carga coa purga de San Benito que non se merece. O Sambenito era a insignia da Santa Inquisición que votaban sobre o peito e a espada do penitente reconciliado.

Nas boticas da época existía un estante en forma ovalada na que se almacenaba produtos delicados do bo facer do farmacéutico. A este lugar se lle chamaba “o ollo do boticario”. De aí ven como pedrada no ollo do boticario.

De rapaz escoitaba falar do “Capitán Araña”, que embarcara a tropa e el se quedara na casa. Penso eu, que faría referencia o último tercio do século XVIII, cando se enviaban a América as nosas xentes co fin de combater os insurrectos, e o parecer existira no noso litoral un capitán chamado Arana ou Aranha, orixe da historia.

“O Can do hortelán”, que nin come as verzas nin deixa comelas o amo. E explicaba daqueles que non aproveitan as cousas e impiden que outros obteñan algún beneficio delas.

“As paredes oen”, e había que tomar precaución co que debemos dicir. Procede de Francia en tempos da raíña Catalina de Médicis, que a moi desconfiada, instalara nas paredes do Palacio Real condutos acústicos.

“Pasar mais fame cun mestre de escola”, nace no 1.901 cando o Conde de Romanones acomete a reforma da Instrución Pública, porque a maioría dos mestres vivían na indixencia.

Se entoaba:

O ministro de Fomento
¡Ui que portento!
Di que lles vai a pagar…
Os mestres de escola
¡Viva a avoa!
Toda a paga atrasada.

“Si sae con barba San Antón, e si non a Purisima Concepción”, procede dun mal pintor que embarullaba nun lenzo e como lle preguntaron que era o que estaba pintando lles dixo: “Si sae con barba, San Antón, e si non, a Purísima Concepción”.

“Vale o que pesa”, costume piadosa practicada no noso entorno, ofrecendo a Deus, a Virxe e Santos, a curación do enfermo.

“Eu sei onde me aperta o zapato”, procede de Plutarco en Vías Paralelas.

Espero que os meus veciños de Fornelos de agora, me digan cando aplican a purga de Benito como remedio, ou si o aplican os políticos cando falan. Nas vosas mans queda a resposta.