A cada un o seu

Dende logo era saír do eido de Cambra, e diante da Tenda de Ron, escoitar “a cada un o seu”. Tiñan razón aquelas mulleres que así falaban no ano de 1.940. E tiñan o seu por que.

Dende logo o babel de estilos de vida, naquel tempo xudicializado o máximo, debera esixir cambios nos poderes xudiciais de todo o mundo. Para empezar, non debería haber mais que un poder xudicial, o “da conciencia, o servizo do xusto, da xustiza, excluíndo a politización da mesma.

Sobre o papel diría que moi ben, agora ben, a cuestión e poñela en marcha, e elo, non se debería escatimar esforzo algún. Sen ir mais lonxe, a implantación da oficina xudicial para a súa organización e estrutura, precisaría de medios humanos e materiais, a demarcación xudicial, a aplicación das novas tecnoloxías, etc. etc. Isto xa se falaba daquela. E para unha xustiza transparente, mais atenta, personalizada, mais adaptada as persoas vulnerables, hai que ver canto choveu, e pouco mais.

Daquela se dicía que unha condición básica da xustiza, sería facela pronto e sen condicións; a xustiza non se pode tomar o seu tempo, nada mais que o xusto e necesario para que non se converta en inxustiza, como ven ocorrendo.

¡Canto non cambiou!, pero como nos indica Víctor Corcoba Herrero, da Administración da Xustiza, debería considerarse prioritario, por ser tema de Estado, pois unha Xustiza que non e eficaz, que chega tarde, non ten sentido a súa existencia.

“A cada un o seu”, si, pois se di que somos un pais no que urxe impulsar xuízos rápidos, poñer en marcha un novo proceso penal mais re educador, reducir a litigade para resolucións de conflitos menores.

“A cada un o seu”, evitando chegar a destempo a xustiza, porque xerminan abusos, arbitrariedades, atropelos, violencias e agravios, que son a diario dor na alma dos cidadáns a sabendas que a Xustiza emana do pobo.

“A cada un o seu”, como dicían aquelas veciñas do rueiro do Casco, en Fornelos da Ribeira, no que o valor da persoa, da súa dignidade e dereitos, estaba seriamente ameazada polos criterios da utilidade do ter, da corrupción e da indecencia.

“A cada un o seu”, pide inversións como aposta de futuro. Falaba Víctor Corcoba Herrero, do xurista romano Ulpiano, que definía a xustiza como “o hábito de dar a cada un o seu”. E esta aristotélica idea, con ven des empoala e poñela en xogo nun mundo crecente de fuxitivos da xustiza.

Amar o xusto, sempre e unha paixón ecuánime. E para que xuíces e cidadáns se enraícen na cultura da paz, se comprendan e se entendan, hai que evitar os que non cren na xustiza, apostando polo dereito da protección xurídica de todos sen excepción algunha.

(Víctor Corcoba Herrero e Diplomado Universitario pola Universidade de Oviedo, Licenciado en Dereito e Profesor de E.G.B.)