¡Que triste é pasar pola vida sen deixar rastro!

ancians vida

¡E tanto! Cando tanto prolifera a exaltación do agresivo, disposto a todo con tal de proxectar unha cultura competitiva, nada solidaria, que nos empobrece a todos, e tan importante para traballar xuntos e facelo traballo mais humanitario.

Eu confío nas diversas asociacións culturais, deportivas e veciñais que proliferan por Fornelos da Ribeira, como campións do bo facer, sigan así para deixar rastro do seu paso . Dende logo, estampas temos que nos vivifican. E me felicito polo compromiso coa verdade e co benestar de tódolos moradores de Fornelos, e por riba de tódolos que habitan na face da Terra.

Síntome orgulloso das mans tendidas, cooperantes das diversas actividades que durante anos veñen facendo en Fornelos diversas actividades culturais e gastronómicas evitando contendas inútiles que a todos prexudica.

Camiñar so, aparte de ser aburrido e desalentador pola propia natureza humana. Acompañar, xa sexa nos momentos de alegría ou dor, gratifica. Dito o cal, penso nos faltan rutas aínda para conseguir aquelo que nos propoñemos. Polo tanto, o compás da xustiza social, debe orientarnos a outros vínculos mais xustos, sen obviar a que todos contribuamos a harmonizalos.

Dende o espírito de La Concordia dos nosos antepasados, que construíron pontes para re encontrarnos ata nos mesmos. As mans duns e outros, e un signo vivo de irmandade, tan necesario como o ar que respiramos. A nosa parroquia se chama familia, que e o que pide a continuidade dos nosos apelidos como tal.

Que ninguén os roube, pola política do ollo por ollo, as vosas inquedanzas que é o único que fan e arruinar ata a dignidade que todos merecemos como seres vivos que somos. Que ninguén os roube as ilusións.

E triste pasar por esta vida sen deixar rastro algún. O que vindes facendo vivifica as vosas labores. Non os esquezades de que o segredo da vida está en caer sete veces e levantarse oito.

Fornelenses: Traballade como si nunca os houberan ferido, xantade e bailade como si ninguén os estea vendo. Unha aperta.