Os muxos, dos Gonzales e Sestelo, de Fornelos da Ribeira

Arxentina Politico Mapa

Cando chegaron a República Arxentina, os irmas Manuel e Xosé Manuel González, e Ricardo e Constante Sestelo, non ían por certo, os pobres, en son de conquista, non; senón mais ben en calidade de saciala fame xuvenil, embarcando, como outros tantos fillos de Fornelos da Ribeira, para a América do Sur. Así o fixo tamén Rogelio Estévez Cambra, e seus tios, Xosé María, Ricardo, Clemente, e Juan Baustista Cambra e Rivas.

Pronto se acostumaron na casa dun compatriota con un soldo regular que, por comparación, lles pareceu unha fortuna, e o que lles parecía mellor era o leite e carne a discreción, como si na Arxentina fora festa tódolos días do ano. A verdade que tampouco era oficio de preguiceiros os seus; pero o fin e cabo, non eran moito menos o que, toda a vida, haberían tido no seu Fornelos natal: As vaca leiteiras.

Naqueles tempos so muxían as vacas as mulleres, porque cando moito, non tiñan caldeiros mais que para dúas leiteiras, e nas súas condicións de futuros emigrantes, orgullosos da terra, estaban dispostos ante todo, a comer e logo, establecerse como así sucedeu coa fabrica de ferramentas os irmás Manuel e Xosé Manuel González, e logo despois Ricardo e Constante Sestelo, coa Liga Republicana Española, que se merecen un merecido aplauso.

Lembraban entón, xa na Arxentina, como de madrugada, de noite, enchían as leiteiras e camiñaban a trote a Ponteareas coa leite pisando pedras e barro, mollados ata os osos baixo a auga ou o sol estival.

Pasou o tempo, e o tempo deulle a coñecer Bos Aires, de como algúns veciños de Fornelos se enriquecían. Supuxeron que si encontraban campos sen dono, poderían facerse ricos, favorecidos pola sorte. E, como uns de tantos, embarcaron para Arxentina. E tan grande e interesante lles pareceu Bos Aires que resolveron quedarse alí. Os González, coa fábrica de ferramentas e os Sestelo coa Liga Republicana Española. E así se foron facendo con unha regular fortuna, deixando a porta aberta a esperanza de outros paisanos mais de Fornelos que pretendían achegarse a Arxentina.

En mais dunha ocasión viron esfumarse entre as néboas o horizonte, na que se fabricaban as ferramentas, e pouco mais sabemos dos irmás Sestelo.

A forza da asiduidade e o esmero, os levaron a gañar os primeiros pesos e con eles, a experiencia, e unha vez que os tiñan xa seguros, os puxeron a reproducir con mais facilidade.

Este homes de empeño e forte vontade suplindo tódolos esforzos, vendían o que producían e os emigrantes da nosa terra medraban camiño de Arxentina, e a vida se lles fixo mais fácil, agradecendo a esas terras hospitalarias, a sorte de haberen chegado alí.

A través de La Concordia, con Manuel e Xosé Manuel González activistas políticos coa fabrica de ferramentas da súa propiedade, e Ricardo e Constante Sestelo, coa Liga Republicana Española, fundaron a Xuventude Progresiva, Fillos de Fornelos e Anexos no 1,920, sucesora de La Concordia. (Datos de Núñez Seixas, 1998).