Entre o ruído e a presa

blanco amor

Lembra:

Que a paz pode estar no silencio, e sen renunciar a ti mesmo, e si podes faite por ser amigo de todos. Di a túa verdade. Escoita os demais. Aínda que sexan torpes e ignorantes. Cada un deles teñen tamén unha vida que contar.

Evita os ruídos e as agresións, porque denigran o espírito. Si te comparas con outros podes converterte nun home ou muller van e amargado ou amargada. Sempre haberá alguén mellor ou peor que ti. Alégrate das túas realizacións como dos teus proxectos.

Ama o teu traballo aínda que sexa humilde; e o teu tesouro da túa vida. Se prudente porque neste mudo abundan as xentes sen escrúpulos. Que esta condición non te impida recoñecela virtude. Hai moitas xentes que loitan por fermosos ideais. Os temos presentes sempre en Fornelos, noso eido. E onde queira a vida está chea de heroísmo.

Se ti mesmo. Sobre todo non pretendas disimular as túas inclinacións. Non sexas cínico no amor, porque cando aparece o arisco e o desencanto no rostro, se converte en algo tan perenne como a herba.

Acepta con serenidade o consello dos anos e renuncia sen reservas aos dons da xuventude. Fortalece teu espírito, para que non te destrúan inesperadas desgracias.

Non te creas falsos infortunios. Moitas veces, o medo e produto da fatiga e a soidade, sen esquecer unha xusta disciplina. Se benigno contigo mesmo. Non es mais que unha criatura no Universo, non menos que as árbores e as estrelas. Tes dereito a estar aquí. E, si non tes ningunha dúbida, o Mundo se despregará ante ti.

Vive en paz contigo mesmo, sen esquecer teus traballos e aspiracións. Mantén a paz coa túa alma, pese os ruídos e a confusión da vida. Pese a falsidades, penosas loitas e sonos arruinados, a Terra e o noso Fornelos segue sendo tan fermoso que debemos ser coidadosos con el. Loitade por Fornelos, loitade por ser feliz.