Aquel vello Don Quíxote…

Don Quíxote

Así foi o parecer. Pero antes quero render o meu humilde homenaxe a “La Colonia Cervantes”, do admirado e sempre lembrado Vicente Blasco Ibañez, no paraíso, e vigorosa Patagonia. Dito isto, comezarei pola aparición de exemplares do Quíxote no rexistro das librerías a partir do século XVII, no Rio de la Plata, mais aló do ordenado Rodríguez Marín, José Luís Martínez e José Torres Revello coas edicións do Quíxote.

En Mendoza, por exemplo, no ano 1.638, na librería, como se dicía entón, biblioteca, de Miguel Antonio Escalante, xa deixaba en testamento, 24 negros, unha viña, un relicario douro, un solar, e “dous libros do Quixote”.

En Belén, de Catamarca, os pes dos Andes, no 1.641, na librería de Bartolomé José de Castro, aparece a doazón de dous tomos da historia de Don Quíxote. Edicións do séculos XVII e XVIII, respectivamente.

En Córdoba, finais do século XVIII, falece Felipe Haedo, e aparece no testamento o Quíxote, que so no trance da morte se desprende dunha obra tan querida. Felipe Haedo, era almacenero con pulpería, e no seu inventario figura: “12 arrobas de pasas de Santiago, tres medias de garbanzos, 7 pechaduras inglesas e un Don Quíxote de la Mancha moi vello, que de seguro non estaba en venta “aquel vello don Quíxote”.

No ano 1.785 xa existía un Don Quíxote no eido de don Clemente Francisco Cambra e Vilas, que eu cheguei a ter nas miñas mans no eido de Cambra, no rueiro de O Casco en Fornelos da Ribeira. E o seu sobriño neto, Clemente Estévez Cambra, en Villa Mercedes, tiña a librería Don Quíxote, como raíz familiar.

A presenza de Don Quixote era oportuna, e nestes lares, nas pulperías, o carón dunha cunca de viño, entoaban: “En un lugar de la Mancha… traspondo o escrito ao oral”.

Posiblemente, don Quíxote cumprira nas pulperías, alimentando o imaxinario popular da xente que non sabería ler nin escribir.

No ano 1.940 aparece na Pampa Pedro Manuel Eguía e Fernando Bragas Cava, editándose o Quíxote, e dedicado a José María de Areilza, Embaixador de España na Arxentina.

Para pechar esta monserga sobre o Quíxote, venme a mente aquel pai que lle dixo o fillo: Vaite preparando para substituírme… E o fillo lle dixo: Non pai, non, eu quero ser escritor.

E miña obriga sinalar que en El Azul, está a cidade mais cervantina do mundo dende 1.883 coa colección mais importante de, “El Hingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha”, que se honra de ter o título de “Ciudad Cervantina”, de Arxentina, recoñecemento a divulgación do cervantismo e dos valores da obra.

Aquí poño punto final tamén o testamento de Don Quixote:

“Nisto, a Extremaución
Asomouse pola porta,
Pero el, que vira o crego
Co sobrepeliz e vela,
dixo que era el sabio propio
Do encanto de Niquea;
E levantou o bo fidalgo,
Por fallarlle a cabeza,
Mais vendo que xa lle fallaba
O xuízo, vida, vista e lingua,
O escribán se marchou
E o crego saíse para fora”.