Aquel puntiño azul pálido…

terra mundial

Dende este pequeno puntiño azul que e o Planeta Terra, contemplo o meu fogar no que vivo, e viviron outros seres humanos. Aquí está a suma das miñas alegrías e sufrimentos; e a de todos:

Relixións, ideoloxías, doutrinas relixiosas, doutrinas económicas de cada heroe, de cada cobarde, de cada creador e de cada destrutor de civilizacións; cada rei emperador ou campesiño, a dicir de Carl Sagan, do seu puntiño azul pálido que é a Terra.

Da parella namorada, de cada neno e nena esperanzados, de cada nai e cada pai, de cada inventor e explorador, de cada mestra e mestre, de cada político corrupto, década líder, de cada santo e de cada pecador na historia da nosa especie vivindo aquí neste puntiño azul pálido que e dunha partícula de po suspendida na raiola do sol.

A terra, pequeno escenario e unha vasta area cósmica.

Eu penso e os invito a pensar nos ríos de sangue vertida en glorias e triunfos convertidas en amos desta fracción do punto. ¡Cantos malentendidos! ¿Cantos? Me pregunto.

Penso e pensade con migo nas interminables crueldades cometidas polos habitantes dunha parte sobre a outra. ¿Como matarse os uns e outros?

Todo isto o pon en cuestión “ese puntiño azul pálido”.

O noso planeta e un solitario grao de po na grande penumbra cósmica de todo o que nos envolve, na escuridade inmensa, sen indicios de que vaia a chegar axuda, dende algún outro lugar, para salvarnos de nos mesmos, pois dependemos de nós só mentes.

A Terra, ese puntiño azul pálido de po, e o único mundo coñecido ata agora, que alberga vida. Non temos outro lugar nin presente, nin no futuro próximo a onde poder emigrar. Visitar, si. Colonizar non. Nos guste ou non nos guste. Aquí temos que quedarnos.

Así que, amigos, a responsabilidade que temos e de tratarnos os uns e outros con mais amabilidade e compaixón, e preservar este puntiño azul pálido que é o único fogar que coñecemos.

A imaxe mais lonxe do noso Planeta Terra, foi tomada o 14 – 02 – 1.990 pola sonda Voyager tras deixar a tras a Neptuno e o Sistema Solar, dando un xiro fotografiou a Terra a 6.000 millóns de quilómetros, aparecendo como unha partícula de po, suspendida no espazo. E foi aquí, cando Carl Sagan, realizou parte destas reflexións sobre o que representa este pálido punto azul que lle chamamos Terra.

Nel estamos todos os que se aman, coñecen e tamén os que se odian. Tódolos seres humanos, coas súas alegrías e penas, cada santo e cada pecador coa súa historia da vida, nunha partícula de po suspendida nunha raiola de sol.

Esta é, e non outra a verdade do pequeno que somos e do grande que queremos ser, sen contar que o Planeta Terra e a nosa casa (9-11-1.934 / 20-12-1.996).

Non no escarallemos mais do que está.