O meu compromiso

xente labrando

O longo dos anos que levei traballando, podo dicir que todos foron convertidos nun modo de vida. Unha: De entender o meu traballo, o sentido da miña vocación e profesión política e social, sen subtraerme as relacións con suxeitos de certa intimidade, dende a posibilidade de acceder o seu mundo persoal, e a súa propia historia, como se pode comprobar. Dalgunha maneira puiden dicir o que penso, que ten que ver co que somos: “Parte integrante da nosa propia historia”.

Síntome orgulloso de asistir o esforzo actual, por converter a investigación narrativa e biográfica en unha posición epistemolóxica e metodolóxica, coa súa propia credibilidade e lexitimidade, froito da súa forma de entender a realidade e o coñecemento, sobre todo, o suxeito fundamentado nas posicións colaboradoras e democráticas.

A historia da vida fala non so de suxeitos individuais, senón fundamentalmente de permitir o acceso a comprensión dos contextos sociais, políticos e culturais representando para min, unha diferencia fundamental, que un non deixa de ser, senón, unha forma de reafirmar o individualismo e o suxeito illado, fronte o punto de vista interpretativo crítico.

Despois de tantos anos de vida, creo que non todo o mundo está capacitado para facer historias da vida, dende o meu punto de vista, o menos que se embarque nesta aventura.

Eu hónrome de investigar a historia da vida dos meus familiares, onde encontrei riqueza e potencial, que me permite o fluír de relatos, experiencias, sentimentos e anécdotas, que para min, forman parte da historia.

Para min Fornelos da Ribeira, e os meus veciños ,son parte do que vivín e aprendín dunha maneira transparente.

Non me esquezo da mocidade de agora, que deben sentirse felices coa natureza das cousas, facendo oco a singularidade de cada historia da vida, porque todos temos aínda moito que aprender, moito que ensinar e moito que lembrar daqueles emigrantes nosos, na Arxentina enviando cartos para soster as Escolas Públicas, o Cemiterio, os rueiros, para conseguir onde o un sen o outro, non da resultado, senón con unha verdadeira integración.

Non esquezamos que Escola e Sociedade debe conseguir un bo ambiente onde reine a convivencia, a solidariedade e a xustiza. Para min, convivencia escolar e social e mais importante e enriquecedora si vai precedida dun traballo serio de sensibilización e formación, para dar unha boa resposta educativa e social, as necesidades integradoras que Fornelos necesita. Ir sen amor pola vida, e como ir o combate sen música, emprender un viaxe sen un libro ou ir polo mar sen estrela que nos oriente (Henri Beyle Stendhal). Así é de claro.