Os nosos santos

crecente

O primeiro foi San Pelaio, nado en Albeos, en Crecente, refén dos musulmáns polo seu tío Hermigio, bispo de Tui, que co rei Ordoño II, foi derrotado en Valdejunquera, no 920. Os cartos do rescate chegaron Al Andalus, pero Pelaio sufrira xa martirio nas mans dos mahometanos en testemuña de fe, e na defensa das virtudes cristiáns.

A devoción o meniño mártir Pelaio Paio, se estende por toda a diócese de Tui. Así naceron: San Paio de Alxén,San Paio de Fiolledo, a Ponte San Paio, no medievo.

Comenta o pai Florez no tomo XXIII, da súa Historia Sagrada, da nai Inés da Asunción, Inés de Cambra e Soutomaior, casada e señora da Casa de Teáns, en Salvaterra. Xa viúva, ingresou no convento das Recolectas de Vilagarcía. De carácter duro, foi exemplo de humildade e de profunda oración e devoción, falecendo no 1.658.

Outra nai, Jacinta Visitación de Puga e Ojea, de Salvaterra, penitenta, falecida no 1.686.

Lendo a Ramón Antonio Rodríguez o libro Taboexa – As Neves, de Francisco Antonio Rodríguez tomando o hábito de San Francisco, por exemplo. Cando regresaba a Taboexa, descansaba na casa do seu tío Francisco Cambra na Moreira.

O beato Manuel Gómez González, presbítero en Tui, nado en San Xosé de Ribarteme no 1.877, mártir no Brasil.

A espiritualidade coas aparicións a Virxe, nun monte como o Chan dos Casteliños no 1.667 o neno Antonio Martínez da Rocha, de 11 anos, deu para vivir un tempo.

O feito levou as xentes, incluso de Portugal, a acudir en tal número que o crego de Setados sacou a imaxe en procesión e a levou ata a capela dedicada a Salvador que no mesmo monte xa existía.

O presbítero Sarmiento Otáñez levantou a igrexa actual, no mesmo rueiro das aparicións.

Hoxe xa ninguén se lembra nin das aparicións nin do pobre neno Antonio.