O cerimonial do noso porco

porco cerdo celta

Durante séculos o sacrificio do noso porco, fora desangralo, para aproveitala sangue do resto do corpo e quedar limpo. Fornelos, corazón do Condado de Salvaterra, fora residencia de dona María Anes Soutomaior, Rodríguez de Pazos, Clemente Francisco Cambra e Ignacio Estévez de Castro, e outros mais, a sombra do campanario da Igrexa de San Xoán, asistían cada ano a cumprir coa tradición do cerimonial do porquiño, que as mulleres aliñaban a carne, amasaban e procedían a facer os chourizos coas correspondentes tripas.

Eu, loxicamente asistín en varias ocasións a este cerimonial que conservaba o encontro familiar, amigos e veciños que arrimaban o ombro para dar forma os manxares a degustar.

A matanza do porco, viña das vellas crónicas celtas que xa o celebraban así como gregos e romanos.

A verdade e que o porco e o animal mais rendible da casa. Se aproveita todo.

Ata non fai moito tempo, a matanza formaba parte da familia. Se lle alimentaba, se lle sacaba o patio. Se mimaba e engordaba e logo, se sacrificaba.

Naturalmente o porco intuía a morte e choraba e se lamentaba. De aí os gritos parecidos os humanos que marcaba a agonía.

Adeus a séculos do ritual do porco, fora dos matadoiros.

Aquí deixo o homenaxe, humilde, pero sincero para os nosos porcos que nos quitaron tanta fame.