¡¡Que marabilla é a vida!!

benestar nenos

Na práctica, nas diversas actividades profesionais, tiven experiencias que confirman a marabilla da vida. Dende que abro os ollos cada mañá, se me presenta a oportunidade de amar, facer o ben, coñecer e controlar as emocións para ser feliz.

Durante a miña vida, coñecín xentes de tódalas clases sociais que gozaron da vida, algunhas a pesares das adversidades, outras souberon saír adiante por entender que a vida segue.

Aprendín que a vida e unha regalía excepcional outorgado a todos. A Natureza nos deu a vida e as ferramentas necesarias para construír a felicidade, pero nos empeñamos cos nosos hábitos e costumes en facela difícil, incluso pensamos moitas veces ser un martirio.

Cando fun nado, unha mañanciña de Xaneiro, espertei a vida e hoxe foi para min, unha historia, como todos, de amar, e hoxe observo, sen embargo, que parecemos durmidos, deixando pasala vida, sen mais, sumidos nunha indolencia, ignorando que de tódalas etapas a mellor e a presente.

Si e certo. Agora estamos durmidos e ¡Espertemos! que a vida e unha invitación a reflexionar sobre a importancia de dar o mellor de nós mesmos, polo benestar da nosa terra, e o de nós. ¡Espertemos xa! O himno da vida ¡Xa é sen tempo! E valoremos e gocemos do que temos.

E tamén, lembremos sobre o efémero e transitorio que nos da a existencia, espertando felices conservando a esperanza. Para os meus veciños de Fornelos da Ribeira non desexo mais que gocen da vida, que a vida segue.

Tódolos días estou pendente das actividades lúdicas en Fornelos, pensando sempre que vivir o presente e estar con plena conciencia do momento, e non quedar ancorado no que sucede ou no que está por vir. Así que vivide o presente e gozade da vida aquí e agora. A vida e unha regalía, un obsequio que todos recibimos o nacer aínda que moitos pasen a vida sen abrila, sen gozar dela.

Un mozo cos meus anos os está chamando a porta pedindo que vivades agora, aínda que sexa tarde, que o reloxo da vida non se deteña coa morte. Non quero que enchades as vosas horas con lembranzas, temores, amarguras e estupideces. ¡Non val a pena! Seguide facendo cousas, por Fornelos e por vos mesmamente. John Lennon dixo: “A vida e o que sucede mentres estás ocupado en face outros plans”. Está no certo.