¡¡MATARON A CULTURA!!

Semana Cultural Gallega

Tal como cho digo. No meu Fornelos da Ribeira había dúas escolas e a Igrexa de San Xoán. Logo, aquel Sindicato Agrícola Unión Progresista de Fornelos da Ribeira e Anexos, con unha fermosa biblioteca.

Como xa sabedes, a biblioteca non ía a xente porque estaba aberta cando todos traballaban. E a igrexa, non acudían porque os devotos prescindían de sacrificios inútiles, e por riba, habendo tabernas, dúas en As Fraguiñas, outra en O Casco, outra en Martín e outra en Cimadevila, ¿Para que subila costa, pois todo cansa?

Así as cousas, unha labarada finou con toda a ciencia que durmía nos estantes grazas o bo facer do policía político – social da ditadura. Pero non foi como puideran imaxinarse un lume casual o que a queimou, non; foi un “predicador falanxista”, de familia veciña, o fogo sagrado que Deus mandou a Fornelos da Ribeira, para castigar o despoxo levado a cabo polos defensores da espiritualidade occidental.

Por aqueles anos, o crego da parroquia decidiu trasladalos mortos do adro da igrexa pro cemiterio cívico do Coto de Sa, e pasalo a propiedade da Igrexa Diocesana, perturbando o sono eterno dos enterrados no adro e os fillos de Fornelos, doado polos residentes en Bos Aires.

As cousas empezan a ter valor cando se perden, e houbo algúns fillos de Fornelos que deron en chorar a perda de tanto libro bo, e xemeron pola cultura posta en perigo. Do atentado do adro, non houbo quen se queixara. Da inscrición do cemiterio como propiedade da igrexa tampouco. ¡Así é o noso pobo!

O parecer se abrira unha conta para o lucimento da xente de cartos, pero daquela fermosa biblioteca, nada na sede do Sindicato Agrícola Unión Progresista de Fornelos da Ribeira, admitindo libros, revistas, xornais e outros, ninguén soubo nada, cando na fundación do Sindicato se admitiran libros, dos mais disparatados e absurdos, como si se tratara dunha biblioteca de casino, e mandaran alí o “Manual do perfecto xastre, zapateiro, campesiño, carpinteiro. . . ata – as cen maneiras de guisalo bacallau”.

Con estes feitos, agardaban renovala espiritualidade de Fornelos, que non agardaba mais: ¡Outra cousa era o pouco tempo, pero por cartos non habería de quedar! Que o diga o señor crego que mandaba na parroquia, quen chegou a vendelos carballos de As Fraguiñas e quedar cos cartos, sen que ninguén lle dixera nada.

Visitei co amigo Miro, a sede do Sindicato, que aínda en pe está, totalmente en ruínas, e a cinza dos libros perdidos. Lémbrome de como o meu amigo Miro, enriba do montón de escombros berraba: ¡¡MATARON A CULTURA!!

I é que a voz da experiencia di, dende o fundo da conciencia ¿Que che fixeron a ti os libros para deixar de ser millonario?

Si os houbeses lido, hoxe non serías o que es.

Ben certo e que aquí tes cos libros, a túa felicidade terrea asegurada, e con uns euros que des para a Igrexa, terás tamén segura a entrada no Ceo. Non o dubides, cho digo eu. E así ímo-la indo.