La Chanson Française

En francés; termo que se refire a cal quer canción con letra francesa, que para nós, eran temas de amor, crítica política e social, naqueles anos en que don Juan Manuel Conde de Ponte, trataba de abrir a Alianza Francesa de España, en Vigo, e poder nós, escoitar a chama “chansonnier” de carácter humorístico e satírico.

Naqueles anos de xuventude, falar da Alianza Francesa ,era algo así como falar do presente e ver como ía pasando o futuro. Para nós, a Alianza Francesa, era coñecer o pasado. “París sempre París”, era o ar que respirábamos para entrar e crear novas ideas, novas emocións e novas formas de expresar a liberdade. Por aquel entón, Maurice Chevalier co seu “ París toujours París”, era a esperanza e claridade. Pero a Alianza Francesa, nos servía non so para cantar, senón para coñecer a Historia de Francia, a través, por suposto, das cancións. Escoitar as cancións francesas co seu carácter ideolóxico era para nós novidoso. Así, en 1.959 con Jacques Brel, coas letras e pensamentos rozando a conciencia e emotividade de todos nós. As películas, por exemplo: “Une partie de Compagne”, de Jean Renoir no 1.936. ¡Que sei eu!

“Ne me quitte pas”, canción desesperada da ruptura tráxica, do abatemento do home cobarde:

“Non me deixes,
Hai que esquecer;
Todo se pode esquecer.
O que escapaba
Esquece o tempo
Dos malos entendidos;
E o tempo perdido,
A saber como.
Esquece as horas,
Que matan as veces
De golpes de por que,
O corazón da felicidade:
Non me deixes”.

Iconas do século XX, Brigitte Bardot, regalándonos os seus mellores xemidos. Jane Birkin, bailando e complicado en entendelo. Dez de decembro do 1.967: “Vou e veño entre as súas cadeiras. Ti es a cola, eu a illa espida”. O amor físico e unha rúa sen saída.

Todo pasou a historia, como o himno da liberdade. Así pasou tamén coa sede social do Sindicato Agrícola gandeiro de Fornelos da Ribeira, El Progreso, na súa inauguración aderezado coas notas musicais da Marsellesa, en torno a un ideario social, solidario, como un so home.

Era entón para nós, un canto de combate, que foi é e será sempre un himno de revolución.

No século XXI, xa vai cambiando a faciana, e a Marsellesa xa e asubiada e desprezada; e mais dun vai pensando xa que é o símbolo da marxinación, do esquecemento e da imposibilidade de éxito. Pregunto: ¿Que é o que está pasando?