A miña ledicia

paxariños

E digo ben, porque di, do que ten, produce ou manifesta alegría, ledo, contento, sensación de gozo e contento de ledicia. E digo ben, miña ledicia, porque sempre foi volver o eido de Cambra, no rueiro de O Casco, en Fornelos da Ribeira, despois de sentirme satisfeito do deber cumprido aquí en Vigo, enchido de fe.

Ledicia, para min e contemplar o meu recuncho do Casco, onde fun nado, onde aprendín a ler e escribir, o pe da capela Santa Rosa e sentado no Cruceiro, felizmente existente aínda alí.

Ledicia, poder contemplalos os prados e o río Tea. De correr entre as pedras e durmir entre os saudosos viñedos de Cambra, ou si queres, contemplala carballeira de As Fraguiñas.

Ledicia, e sentir o asubiar garulleiro dos paxariños na árbore diante da capela, mentres pasa o chío do eixe do carro chorando polo rueiro abaixo, como si fora un canto triunfal da terra sufrida, con aquel ceo azul celeste infindo, para min, un sorriso aturuxo de rebeldía da nosa xente contra a dor.

Ledicia, e para min, todo isto e moito mais, subrime e garimoso, que obter lonxe a igrexa de San Xoán, e correr pro cemiterio onde as cinzas douradas dos veciños e da miña familia esperan cos brazos abertos a lembranza do Día dos Defuntos.

Ei de ir alá, o Coto de Sa, onde as cinzas da familia agardan por min. Ei de ir alá o eido de Cambra no Casco, e bicar fronte a capela Santa Rosa, o chan que me deu a vida, mentres o ar do vento zoe, e prenda unha lembranza pola familia Cambra e Estévez Cambra. Darlles este sentimento que de meniño aprendín neste fogar do Casco.

Non me esquecerei nunca, mentres viva, dunha anécdota do mestre don Xosé Álvarez, das Rodas, aló polos 40 cando na Escola Pública de San André de Lourido, nos ensinou unha folla de papel en branco con un puntiño negro no medio para que escribíramos o que víamos.

Todos sen excepción, nos referimos o punto negro de diferentes maneiras. O mestre aproveitou para dicirnos que “a vida e un regalo da natureza, nos foi dada con cariño e amor, e non obstante, seguimos en mirar o punto negro, xa sexa pola saúde, falta de cartos, familia ou decepción”.

Pois saquen, nos dicía, ese punto negro e aproveiten en cada momento a ledicia de vivir. ¡Que lección, para a nosa vida!