Bótalle Terra

aldea
E iso xa se lle fixo ao pai e fillo (D.E.P.), pero Alfredo Souto, “ O Chispa”, que así se chamaba o pai, tiña sona de lampantín e zarralleiro e abofé que era merecedor do oficio.

Entre algunhas xentes de Fornelos da Ribeira dábase de fachendoso que o mesmo semellaba ser fillo de vinculeiro morgado.

Unha vez estando en vésperas da Romaría da Nosa Señora das Dores, O Chispa, se decatara de non ter roupa nova para estrear como e costume, na romaría de As Fraguiñas, tanto nos actos relixiosos como no baile da noite, onde precisamente a banda de música de Rubiós tocaba conxuntamente coa gaita e bombo de Manolo do Carrameixo de Rañe.

Na estrada de Ponteareas a Salvaterra, hai catro xastrerías, todas elas traballaban para Vigo, con algunhas prendas feitas para a venda. O demo de O Chispa, con dous pesos, non podía mercar o traxe que lle facía falta, pese a elo, con eses dous pesos púxose camiño a xastrería de Ledo que estaba na metade entre unhas e a outra de Araúxo, (O pai de Lecio), para mercar o traxe.

– Boas tardes, lle dixo O Chispa, entrando na xastrería de Ledo, e respondéndolle Ledo: ¿Que precisa?

– Véñolle a pagar unha débeda que teño pendente con vostede.

– E ¿Como se chama vostede? Alfredo Souto, O Chispa, para servir a Deus e a vostede.

O xastre foi a buscar o libro de contas e non no encontrou.

– Vostede trabucouse de xastre.

– Non señor. Lémbrome que foi aquí onde quedei a deber dous pesos.

Ledo, o xastre, volveu a ver no libro de contas, pero alí non figuraba nin o nome nin o alcume, a non ser que fora a dona a que se esquecera de anotalo.

– Foi entón, a súa dona a que me despachou. E a miña conciencia mándame pagala débeda. Así é que aquí ten os cartos.

¡Ben, home ben! Vexo que aínda hai homes de ben en Fornelos, e collendo os dous pesos lle espeta O Chispa: ¿Non merca algo?

– Eu de boa gana levaba un traxe feito deses que ten aí de mostra, pero ándelle ser moi caros e non podo mercalo.

– Próbese este e verá como lle cae ben. E, pode levalo que home que paga da maneira que vostede o fai, ten creto en cal quer establecemento.

O Chispa vestiu o traxe que lle estaba nin pintado.

O xastre abriu o libro, para apuntar a venda. . .

Buscou o papel secante que non atopou. Buscou na salvadoira e tampouco.

– ¿Seica non atopa con que secala tinta? Díxolle con sorna O Chispa. Pois bótalle terra.

O xastre que tanto rabuñara no chan botáralle terra a anotación da venda, e O Chispa saíu do establecemento dicíndolle a ver si me volves a ver o cabelo de novo por aquí.