España : ¡Aí te quedas!

fornelos da ribeira

Aló polo 1.949 un tal Xosé Benito Rodríguez, sentiu a necesidade pola pasarela do barco, mirando atrás no Porto de Vigo, a xente chorando, e el, sacudindo os pes para quitar o po da terra que lle quedaba gritando: “España, aí te quedas”.

Pasaron anos e tempo suficiente e no outro lado do mundo, no FIORITO, en Lomas de Zamora, o sur de Bos Aires, Arxentina, lle contaría a familia que aquel día, co corazón feito terra, había dito: ¡España! Aí te quedas. Non por rancor nin odio a España, senón por odio a ditadura de Franco e Xosé Antonio, que dende 1.938 había estado preso, sufrindo a humillación dos falanxistas e garda civil, na aldea. Quizais por este motivo non quixo facerse socio do Centro Galego, por ser un niño de franquistas.

Na quinta provincia galega de Bos Aires, se dicía que os galegos eran mais desprezados de España. Estaba, por certo prohibido falar galego, na escola había que saudar o ¡Arriba España! e dar vivas a Franco, e o que non falaba castrapo era castigado. ¡Así estaban as cousas!

Eu lémbrome ¡Como non! daquela Galicia que era unha das oito nacións celtas, xunto con Irlanda, Escocia, Illa de Man, Cornualles, Bretaña e incluso Asturias. Hoxe capital da Comunidade Autónoma coa capital en Santiago de Compostela,destino final do Camiño de Santiago.

Da miña familia Cambra foron oito , e dos Estévez Cambra, foron tres. Pero, simplemente, de Fornelos da Ribeira más de 37, que como Xosé Benito Rodríguez, foi levando a familia. Así foi o pai, primeiramente, e logo fillos e nai. Esta nai con once baúles con cousas.

Embarcaron un 8 – 12 – 1.950 e chegaron un 23 a Bos Aires, co balanceo do barco no estuario con néboa fantasmal. Calor e tristeza. Todo xunto, camiño de Fiorito, lembrando a súa casiña, deixada atrás, o pozo de auga pura, e todo o demais, cando en Fiorito tiña que recollela auga do tren, e usar o “cagatorio” con un burato de fondo.

O pai adquirira un taller mecánico e a nai traballaba nunha fábrica, a nena coidaba de seu irmá Ela quería estudar medicina, pero nin sequera puido ir a secundaria. A pesares de todo, no abril do 1.939 o deixaran atrás, coas mortes e fame, racionamento, medo e falta de todo. E na Arxentina encontraron a abundancia e uns poucos requisitos, como a carta de reclamación dun parente ou amigo establecido alí que os reclamara.

Este pan dicía a dona, que aquí teño de tres días, o quento, alá un chusco para todo o día, un cuartillo de aceite para un mes, un cuarto de azucre, tamén para un mes.

Aquí hai quen chegou con 16 anos coa esperanza de enviar cartos frescos para a súa casa pobre. Pero ai cousas que non se esquecen. Todos se senten galegos e no tempo libre algo españois. ¡Por algo será!

Hoxe polo Internet, decenas de páxinas promoven a busca e o encontro de familiares, igual que eu. María Liliana Vicente e unha mais de tantas que tratan de recrealo todo.

Lémbrome hoxe, daquel familiar meu que dicía que o home debería ser como o árbore, criarse e morrer onde foi nado. Isto dicía Rogelio Estévez Cambra, pero a vida quixo que non fora así.

Para todos eles que pagaron caro a emigración, construída sobre a dor e nada, descansen en paz. Así escribo a historia.