Así era a miña aldea

mulleres aldea
Así era a miña aldea o final da Guerra Civil, tanto o país como a aldea de Fornelos da Ribeira, totalmente devastada e arruinada, dando paso a un período de dúas décadas de carencias e necesidades de toda índole.

A autarquía económica e o intervencionismo do Estado Español, unido o illamento internacional sostido polo franquismo, deron como resultado que se acrecentase a fame e a miseria, ademais do retraso no que nos deixou a Guerra.

A todo isto hai que engadir o severo control político social (policía política) e ideolóxica que reprimía cal quer crítica ou oposición o sistema. Lémbrome, ¡Como non! da desastrosa política agraria, do racionamento de alimentos básicos, o que deu lugar o mercado negro: “O estraperlo”. Comercio ilícito de artigos intervidos polo Estado, suxeitos a taxa, estendido como un regueiro de pólvora por todo o país.

Non comezamos a levantar cabeza ata finais dos cincuenta, polo que non é esaxerado falar da posguerra, 1.940 a 1.959, entendendo como a década con maiores índices de miseria. A miseria e as necesidades estaban presentes na sociedade, menos na dos gobernantes que se enchían a facer fortuna. En Fornelos da Ribeira, non había facilidade dos produtos básicos como a leite, millo, centeo ou patacas. Sen embargo, estes bens básicos, estaban expostos a desgraza coa perda da colleita pola seca da terra quedando as familias na ruína.

Pouca xente queda daquela dura posguerra que a pesares de todo celebraba cada ano a romaría da Nosa Señora das Dores, e San Xoán, coa crueza das carencias e necesidades vividas durante eses anos. Incluso coa taxa de mortalidade infantil, debido a ausencia de servizos médicos especializados. Entón, a causa mais importante era alimentaria con diarrea e a enteritis, infeccións e debilidade conxénita.

Falar de España, era falar de necesidades e miserias. Fornelos da Ribeira non era diferente.

Non quero esquecerme de falar das Escolas Públicas “E que non lle toquen o Manoliño porque vainas a ter con migo”. Tempos duros para os mestres. A represalias da ditadura sobre eles, que foran formados na época da República, non se fixeron agardar, con expedientes no eido profesional e non persoal.

Tiven a sorte despois de moitos anos en visitar a don Xosé Álvarez (o das Rodas), en San Adrían de Meder, mestre de San André de Lourido, onde vivira coa súa irmá, represaliado tamén, polo franquismo, quen me ensinou a ler e escribir, asentado na súa residencia de Fornelos, onde polas tardes ensinaba a mozas e mozos a ser xente de ben.

Como mestre, formado na República, bebeu nas fontes reformadoras da Escola Nova, que aplicou renunciando “A letra con sangue entra”, máxima que el procuraba moderar, sen ter que percorrer o castigo do ¡Axeonllado cos brazos en cru mirando para a parede! Cando se coñecía que algún de nós desfixera un niño de paxaro para collerlle os ovos ou facerlle o lazo.

Así era, e así foron os tempos da nosa nenez. Vai para a xente nova de agora.