¿Será conto ou non?

taberna

Cando aínda era meniño, na Taberna de Ron, no rueiro de O Casco, me contara o pai de Miro (q.e.p.d.), que polos anos do 1.600/1.700, un fillo de Fornelos aburrido da súa sorte collera un barco de vela, e navegara ata Arxentina onde chegaría sen sabela data. Chegar chegara e comprobara que era un pais moi grande e que na Capital, Bos Aires, quedaba moi lonxe de Fornelos da Ribeira.

Cando ía polo mar adiante navegando tranquilo o vento lle preguntara: ¿A onde vas fillo? ¡Hola vento! Tes de saber unha cousa: “Cando chegue a Lúa Nova, estarei en Bos Ares”.

¡Por favor! Sóprame, sóprame e mais pronto chegarei.

E o vento, que era bo soprou con tódalas forzas para que este fillo de Fornelos chegara a Arxentina.

Foi o primeiro emigrante de Fornelos que se puxo moi contento, pois o vento lle soprara con forza, e dicía coa súa voz enxebre: “Cando chegue a Lúa Nova, estarei en Bos Aires”.

Durante a travesía gritara tanto que ata o Sol, escoitara seus lamentos, e o quixo saudar:
¿A onde vas ti soíño? ¡Hola Sol! “Debes saber unha cousa: “Cando chegue a Lúa Nova, estarei en Bos Aires”.
E o Sol, que era bo, o quentou para que viaxara sen frío.

E este fillo de Fornelos da Ribeira, contento co calorciño do Sol, expresouse: “Cando chegue a Lúa Nova, estarei no Porto de Bos Aires”.

Tanto fora así que gritaba e gritaba, unha vez mais, que unha gaivota, quixo saudalo: ¿A onde vas tan só? ¡Hola gaivota! Debes saber unha cousa: “Cando chegue a Lúa Nova, estarei en Bos Aires”.

Coa Lúa pasara outro tanto. Esta lle preguntara: ¿A onde vas, meu amigo? ¡Oh, fermosa Lúa!:

Lévame a Arxentina. E alí regaloulle un R-5 para que paseara por toda a Capital Federal.

E, foi primeiro emigrante de Fornelos que non tardaremos en sabelo nome:

Chorou sobre o mar arxentino
Observando enormes flores vermellas,
E comprobou, como nunca,
Como sopra o ar nesta terra terra.
Chorou sobre o mar arxentino
Con esas flores vermellas,
Porque chegara a Lúa Nova,
E deixara atrás as estrelas;
Deixara a alma negra
Que levara
De Fornelos da Ribeira.