Lembranzas de Fornelos da Ribeira

fornelos igrexa

Era o Día da Romaría da Nosa Señora das Dores, en Fornelos, e chovía que Deus a daba. Fixera temer a procesión. Afortunadamente para a xente que esperaba o momento; e dicir a hora sinalada e o Ceo despexado, enchendo a Igrexa de veciños ansiosos da presenza da procesión, sempre cos ollos no Ceo, e no adro, organizando a procesión ata As Fraguiñas.

As belidas bandeirolas, patrióticas, por suposto, tremían naquela tarde e noite, e os nenos iniciaban a carreira portando velas acendidas, seguidos dos penitentes co estandarte e a Cruz, mulleres con cirios formando a procesión tras as canles ía o crego e a Banda de Música de Lira.

Aquel día, no que os fornelenses gozaban da súa procesión, admiraban orgullosos a procesión baixando a costa das Fraguiñas, e o Sancristán dando o toque preciso e adecuado do que todo o mundo sabía que era o que se estaba cocendo ou que se anunciaba coas campás: A media (1 º toque), o cuarto (2 º toque), a misa (3 º toque), e logo a morto, enterro, funeral, a gloria, a fogo, a saída do Viático para o enfermo, o Ánxelus, as animas do purgatorio, saída da procesión, e as tres campadas na entrada conmemorativas da idade de Cristo.

Aínda que non teña moito que ver co que veño falando, venme a memoria non so as campás, senón a “matraca” do Xoves Santo, que foi desaparecendo do campanario pola incuria da xente, dos cregos mal informados.

Precisamente, na Catedral de Santiago de Compostela foi inaugurado fai tempo unha monumental matraca composta de catro caixas de resonancia rectangular colocadas en Cruz. Cada unha das caixas presenta unha lingüeta con forma de roda que golpea e a fai sonar. Os brazos da Cruz miden algo mais de dous metros e medio.

Lémbrome ¡Como non! Da Taberna do Xurreiras e non churreiras onde se alegraba a xente tomando café, viño e mercaba o que lle facía falta pois tamén era tenda.

Algún día comentarei algo mais da nosa terra. Ata entón, unha aperta.