Nunca nos miran…

Emigracion galicia revista vieiros

E verdade, porque emigrar e moito mais que un problema de papeis. Antano se falaba do sono americano, sobre todo de Cuba, Venezuela e Arxentina, pero non tanto dende un punto de vista como o fixo, “NINGUÉN NOS MIRA”. Un filme xa vello onde o que se ve e que o fracaso para moitos fora positivo, incluso sanador.

Lin un pouco sobre, sobre “NINGUÉN NOS MIRA”, sobre a invisibilidade do emigrante que se converte nun persoeiro incómodo, nunha sociedade que acepta arregaña os dentes os chegados, e onde todo son trabas e obstáculos, tanto para os emigrantes a América, como para Europa.

Eu podo dicir que busquei a vida no Pais Vasco, concretamente en San Sebastián. E valeume a pena, porque descubrín outras maneiras de ser e estar, que é distinto a ser estranxeiro, buscando a vida que os habitantes a onde vas, non te distinguen entre uns e outros. A primeira barreira básica para nos en Europa e o idioma, porque un se sente un pouco “ tonto” nun idioma que non e o noso. De feito, cando empezas a falar nesa linguaxe te convertes noutra persoa.
Nun pais que non e o teu, toda a cultura queda reducida a uns cantos estereotipos que se reducen, porque estás recibindo unha situación vulnerable na que estás mais pendente de si te aceptan ou quizais pensando, como os demais van a ter mais poder sobre ti.

Hoxe vivimos uns momentos no que o rechazo os emigrantes cobra perigosa forza, pero hai algo que e importante, i é que a xente con frecuencia ten unha visión moi simplista da emigración, como si fora un problema estritamente de papeis e burocracia, cando a verdade e que surxin cuestións de desarraigo e de identidade que son moitos mais que os problemas dos papeis. Tamén as diferencias culturais existen e que a maneira de velo mundo son realmente distintos. Sobre todo nos países que persisten na idea de superioridade e que supoñen ter que asumilo cando podes aportar cousas, mantendo unha postura crítica.

Ningún pais e tan democrático nin tan igualitario como lles gusta que pensen que é. Así de claro.