Jofainas, Aljofainas, Lavamans, Palanganas

palanganas

En castrapo: ¿As lembrades? Usadas aínda na nosa infancia como recipiente para o aseo persoal, que se completaba coa xerra gomil, como bacía para lavar as mans, usada en moi poucas casas deste noso Fornelos da Ribeira e Condado de Salvaterra.

No noso eido de Cambra, a casa estaba chea de curiosidades como o “aristocrático” comedor. Me impresionaban os dormitorios con aquelas camas de latón coas sabanas sempre frías, as fiestras profundas cos asentos a ambos lados, os cristais impuros cos pechos toscos, que nunca pechaban ben. E o mais curioso de todo era o palanganeiro en cada habitación con unha “jofaina e unha xarra de auga para lavar a faciana pola mañá”. Así era a casa de Clemente Francisco Cambra, coa súa dona Rosa Rivas e seus dez fillos, parte deles emigrados na Arxentina.

Logo, a miña bisavoa Rosa, casada con Ignacio Estévez de Castro, cos seus cinco fillos Pepita, Clemente, José María, Rosa (miña avoa) e Rogelio Estévez Cambra, emigrados os homes na Arxentina.

De todo isto, retrete e lavabos que formaron parte da nosa historia, foron recollidos tamén no Museo de Viena, para lembrarnos que xa antes de nós, os cuartos de baño e da auga corrente inexistentes, eran para acicalarse e aliviarse cada día, tema principal da vida dos nosos antepasados. ¡Ah! E tamén dos “bourdalous”, penico en forma de salseira coa súa curiosa lenda.

“Bacinilla” tamén usada polas damas da corte de Luís XIV, para mexar in situ, e non perderse.

A bo seguro que as nosas veciñas xa de idade lembrarán que a “jofaina” ven do árabe “chafaina”. Venme a memoria a doutora Regueiro Rodríguez, que estudou a familia deste elementos e o seu uso a ambos lados do Atlántico.

A “palancana”, como o uso da “jofaina”, se foron desprazando dende o século XVIII, ata recuperala “palancana” ata non fai moito tempo. Por aqueles tempos non existía, como agora, o vacíado da auga que se facía no patio, na porta da casa, ou pola fiestra que resultaba mais pintoresco: “Vai auga”.

Eran tempos das “Jofainas, do lavamans e palancanas”, pero tamén tempos do mal do ar dos defuntos, que se producía no noso Fornelos da Ribeira, pola asistencia o velorio do defunto, e había que recoller loureiro do adro da Igrexa, ou dun lugar por onde pasara o Viático, prenderlle fogo e pasalo pola muller embarazada. Por alí andaban as xentes de Fornelos, dende o século XVIII, reflexionando polo poder da mirada e as súas fatais consecuencias, utilizando o privilexio entre a mirada, poder e sabedoría.

Eu lle pregunto a Maruxa Castro Estévez, miña parente da Loña, si se lembra do remedio da silveira posta en arco na cabeza lanzándoa atrás ata caer na poza da Loña, para irse o mal. Tamén non sei si se lembrará da carteira ou naipeira da Laxe, pero si que da “jofaaina” e “palancana” a bo seguro que si.

Se foron afastando as jofainas, as palancanas, e tamén as bruxas do sustento habitual. Así que descubrir os feitos do Condado de Salvaterra, e descubrir tamén Fornelos da Ribeira, cos camiños do misterio, lembrando aqueles tempos, asombrado, o comparalo con hoxe.