As nosas costumes

costume choiva galicia

As nosas costumes de cando neno, era o mellor segredo da nosa xente do Condado de Salvaterra do Miño, e da nosa parroquia de Fornelos da Ribeira, para ter unha vida feliz. O menos daquela maneira. Saber que os amigos mais importantes eran por suposto, os organizadores das festas e romarías.

Era eu un neno e preguntaba: ¿Porque unha cunca de caldo era o mellor para un día de chuvia? De verdade que naqueles tempos se devoraban as tapiñas de polbo. A churrascada, os pementos de Padrón, en so media hora no día da “Carne o Caldeiro”. En Fornelos da Ribeira, e tan interesante que nunca se fai só: Ven sempre na compaña de familiares e amigos, para alimentar non só o corpo, senón tamén o espírito coa misa na Igrexa de San Xoán, sempre tan limpa e arranxada que da gusto entrar nela, aínda que un sexa agnóstico.

A materia prima se sobre entende con produtos da horta, galiña e porco. O espírito non se alimenta do xantar. Isto o saben ben os fillos de Fornelos da Ribeira.

Hoxe, vésperas do Nadal, se pode ver en cada casa como na neveira ou no conxelador hai de todo para o cocido, para a empanada coas ameixas a mariñeira, sen esquecerse do licor café, feito na casa; as patacas da horta, o queixo de tetilla, e os chourizos da matanza.

Fornelos da Ribeira, foi unha aldea de emigrantes sabe que a gastronomía local se puido transportar con eles.

Lémbrome aínda hoxe, de neno, recollendo castañas no castiñeiro da Loña, e facer unha fogueira na eira do eido, e comelas castañas asadas, coa miña madriña Alfonsa, que tanto pracer nos daban.

Non sei si habería naquel tempo, aldea algunha como a de Fornelos da Ribeira, que adorase tanto o verán co fervor con que o facíamos nós. En canto saía o Sol, saiamos a fora da casa e iniciabamos a tempada de festas e romarías, coas orquestras, gaitas e bandas de música, coa nosa gastronomía, dende o polbo da feira, viño e pan, ata a lamprea do río Tea.

Eu acudía as fontes da primeira man: As xentes de cal quer rueiro de Fornelos para preguntar detalles, porque sempre estaban ben informadas, sen saberse como. E sempre co humor da retranca que e o mellor de todo para non entendernos.
A verdade é que a xente de Fornelos da Ribeira foi sempre moi crítica, pero os fillos de Fornelos emigrantes, sobre todo os de Arxentina dicían:” Por cada quilómetro de distancia diminúen as cousas malas e cobran mais importancia as outras: O días de chuvia nos rueiros, as pedras, a empanada… En canto lle preguntan pola terra, contestan con outra pregunta, quizais un suspiro.

“Malo será” era e aínda é hoxe, a melancolía que nos rodea. E certo. Porque non chovera sen que escampara, malo será, porque no verán coas festas e romarías, con chuvia ou sen ela, con seca ou sen ela, ou “con un Sol, de carallo” as festas se facían e se fan como está mandado. Nada mais.