Sobre a nosa fala

paisaxe galego

Aínda era eu pequeno e falaba en galego por curiosidade cando na casa me dicían: La gente de bien no habla gallego. E sendo tan pequeno, pensaba na cooficialidade compatible co idioma de Cervantes. A o menos así o cría eu.

Venme a memoria precisamente un veciño de Taboexa, Indalecio Rodríguez Lavalle, emigrado no ano 1.906 na Arxentina, cando nunha intervención política dera un Viva a República Española no idioma de Cervantes, cando se consideraba ser un bo galego e moi español. Se esquecía daquela fonte no rueiro do Rabelo en Tortoreos, que dicía en galego:” A auga desta fonte moita sede calmou; e nos anos que leva, moitas facianas lavou”.

En Bos Aires, unha Galicia ideal, en comparanza coa Galiza real, daqueles tempos. E comprobeino cos meus parentes Cambra e Rivas, espallados por Arxentina e logo despois, cos meus tíos avós Clemente, José María e Rogelio Estévez Cambra que usaron sempre o castrapo.

¡Non faltaría mais! Para aquela familia fidalga empobrecida.

En Bos Aires, ¿Pensarían ser mais galeguistas que os de aquí? Creo que non. O que pasaba era que aquí falar ou escribir en galego estaba prohibido, moi a pesares de que no comezo do século XIII, xa había documentos en galego. No 1.228 apareceron outros documentos, incluso o outorgado por Alfonso IX, o Concello de Allariz e Portugal, depositados no Arquivo Nacional de Torre do Tombo, e datado no 870 despois de Cristo.

Pouco a pouco se fora introducindo xunto co latín en documentos notariais, bandos, pleitos, etc., aínda que o latín seguira posuíndo unha posición superior.

No século XIV, o noso galego, se converte na lingua lírica por excelencia: “As Cantigas de Santa María”. “Os milagres de Santiago”; a Crónica Xeral galega, e a Crónica Galega do 1.404 coa Crónica de Santa María de Iria”. Logo comeza o progresivo período de decadencia e o asentamento da nobreza allea a lingua galega coa aparición do concepto Estado Nacional, e a uniformización lingüística e administrativa, convertendo a nosa lingua no século escuro, ausente nos escritos quedando incapacitado para o uso literario e científico ante o Século Douro da literatura castelán. Quizais algunhas cartas a Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar se deran na lingua; Frei Martín Sarmiento, que defendeu o uso do galego na ensinanza, na administración e na Igrexa, como a lingua dos galegos. Benito Xerónimo Feijóo e Sobeira no século XIX, resurxe a Historia da Lingua Galega, cultural, política e histórica.

Coa emigración nacen os movementos galeguistas, e foi no 1.840 cando o provincianismo denunciaba a marxinación social buscando unha revalorización social das costumes e da historia.

Nace o primeiro libro en galego no século XIX, coa Gaita Galega, de Xoán Manuel Pintos no 1.852. Cantares Galegos, de Rosalía de Castro así como Follas Novas. Aires da miña terra, de Curros Enríquez, Saudades Galegas, de Valentín Lamas Carvajal, e Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal.

No século XX, xorden as asociacións agrarias coa intervención dos emigrantes da América canalizando as protestas sociais coa Liga Agraria de Acción galega. Nace “ A Nosa Terra”, con Vilar Ponte, Losada Diéguez, Vicente Risco, Ramón Cabanillas.

No 1.918 aparece a Primeira Asamblea Nazonalista Galega, a Irmandade da Fala, con NOS da man de Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Florentino Cuevillas, uníndose a eles Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Do ano 20 ao 30, se universaliza o galego; nace Seminario de Estudos Galegos con Bouza Brey e Filgueira Valverde. Sempre en Galiza, de Castelao. No 1.931 se crea o Partido Galeguista e no 1.936 aparece a etapa mais denigrante da nosa pobre e humilde historia: Se exilian, Castelao, Blanco Amor, Seoane, Dieste na Arxentina, Venezuela, México e Cuba, e tamén se exilia a nosa fala. ¡Que se lle vai a facer! Así son as cousas.