A lenda de María Josefa Correa, de Fornelos da Ribeira

turismo rural galicia as fraguiñas
Seguindo a lenda xa esquecida por todos os veciño de Fornelos, de que unha tal MARÍA JOSEFA CORREA, que vivira no eido dos Correa, no rueiro de As Fraguiñas, xa fai un montón de anos, era a dona dun subtenente do Rexemento de Infantería do Príncipe, que enfermo fora abandonado, a súa sorte. Pois ben, enteirada a dona de tal feito, decide levando o seu fillo recen nado,saír de Fornelos, sen un “pataco”, para dirixirse o seu encontro, e localizar o seu home, perecendo no camiño.

Segundo conta a historia, cando os arrieiros viñan cargados para o Sur de Galicia, a encontraron morta nun camiño, co meniño mamando no peito da súa nai.

Aquela “milagreira muller”, traída ata Fornelos, fora enterrada no adro da Igrexa de San Xoán. Orixinariamente a tumba estaba marcada con unha simple cruz, pero cando correra a voz do acontecido, os veciños comezaron a deixar cousas específicas, solicitando unha tumba con unha estatua natural, co neno mamando no peito da súa nai. Pero pasaron os anos e anos e as xentes ollaban para o Coto de Sá, sen saberse o por que. A partir de aquí a xente foi construíndo pequenos eidos, e a sombra de María Josefa Correa, pedindo abundancia de bendicións para tódolos veciños.

Penso eu, que a partir do ano 1.900 que os Pioneiros da Concordia, fillos de Fornelos da Ribeira, algo debían saber do acontecido, para levar a cabo os 37 emigrantes, a construción do Cemiterio cívico relixioso,actualmente nas mans do bispado de Tui, da que non é propietaria, senón os veciños. E, a partir de aquí, pouco mais se soubo de María Josefa Correa; nada mais que algunha botella de auga que significaba a reposición, para a xente, da leite materna daquela muller, da que nunca mais se soubo dela.

Hoxe no Coto de Sá, está o Cemiterio Cívico Relixioso que asoma entre os piñeiros e eucaliptos, enmarcado nunha verdadeira postal, resumindo a historia chea de sensacións e anécdotas dun pasado que reúne os persoeiros, como Pedro Madruga (Pedro Álvarez de Soutomaior), cabalgando polo citado Coto de Sá, buscando conseguir algunha “presa”.¡Xa me entendedes!

Presumo que o Coto de Sá, alberga restos arqueolóxicos e posiblemente algunha sinal de María Josefa Correa, así como miles de historias de xentes que traballaron estas terras, e as que aínda seguen nesta intrínseca tarefa.

Non sei si chegarei a tempo en descubrir a verdade desta María Josefa Correa, porque aquí e agora, esta posible lenda, estea tamén enterrada no Cemiterio coa natureza e a historia.