Posiblemente ninguén saiba que era o murigante ou mureigante de séculos atrás, na nosa aldea de Fornelos da Ribeira, polos nosos montes de Leirado, Lourido e Soutolobre, sobre todo nos invernos,cando ía camiño das nosas lareiras, buscando a calor naquelas invernías frías que entón había.
Hoxe xa non se sabe o nome daquel morcego con ala, que incluso utilizaba para abanar o fogo da lareira. Era o tal para os contos nas noites de inverno sentados o pe das lareiras, mentres el estaba escondido nunha esquina. E se sabe que alí, atendendo o final do conto, golpeaba coas tapas das tarteiras asubiando baixaba atizalo fogo. Era entón, cando se vía.
Tamén no verán saía o campo, subía as árbores ou se tumbaba na herba coa calor, ¡Poucas veces! Entón pouco aparecía nos eidos.
O famoso murigante en Fornelos, tiña a cor negra, era un grande bebedor de leite callada, e na primavera tecía teas, comía moscas, asegurando un veciño de As Fraguiñas que tiña mirada humana, andaba a brincos, e incluso se chegou a dicir que o habían escoitado falar en galego, cando entón se falaba en Fornelos castrapo, por orde oficial. E tamén se dicía que o escoitaban chorando cando falecía algún veciño no camiño o mais aló.
A Pepe do Rato, parecíalle da familia; agora ben, de si falaba ou non, xa o dubidaba.
Sendo eu pequeno, se comentaba que algunha vez acendera o fogo na lareira dun veciño saíndo dicindo:
– ¡Non hai ouro no mundo que pague o saber facer fogo!
E por si acaso, tamén o dixera Álvaro Cunqueiro, anos despois:
– ¡Non hai ouro no mundo que pague o saber facer lume! Que era a linguaxe que Cunqueiro falaba.
En Fornelos da Ribeira había de todo un pouco: Lendas, tradicións e historias curiosas, Unhas propias e outras recollidas como O Piñeiro de Alxén, do noso Condado de Salvaterra, escondido nos límites da parroquia de Alxén e Nogueira, posiblemente nado no século XVII que sobreviviu ata chegar a ser grande e que “Galicia Máxica”, recolle con tantos parabéns.
Algún día falaremos da carballeira de As Fraguiñas, onde os fornelenses celebramos as nosas festas e romarías o calor das diversas asociacións, como un “cantar de grilos” no resurxir harmonioso deste Fornelos que tanto queremos.
Debe estar conectado para enviar un comentario.