Os Morcegos

morcego
Seguindo con a historia da nosa terra, hoxe tócalle os morcegos, que son uns animais os que os veciños lles teñen pánico, sobre todo, polas historias recibidas, lendas e contos, e tamén como animais perigosos para os seres humanos. Pois hai, nin mais nin menos que uns 1.100 especies identificados actualmente e algúns deles que viven na nosa terra.

Son animais antigos que rondan as igrexas e teñen a facultade de voar.

Hoxe poucos veciños recoñecen que estes animais son os responsables de manter o noso eco sistema. Fan vida durante a noite, obtendo con facilidade alimento como ningún outro animal.

Aínda me lembro hoxe, daquel veciño de Cimadevila, chamado Leopoldo das pericas, que falaba do morcego vampiro, involucrado na lenda durante séculos, con un fuciño curto, en forma de cono, que o determina.

Dicía o amigo Poldo, para os amigos, que de pequeno os vía que eran cegos, e segundo a lenda, no Coto de Sa, era o único atractivo que ninguén recomendaba, a non ser uns minutos.

Agora ben, entre as moitas crenzas que por Fornelos da Ribeira corrían, a do morcego vampiro, que ameazaba as xentes polo perigo de converterse en vampiros. Quizais tivera que ver coa nocturnidade. Pode ser, si ben e sabido que os morcegos vampiros odian e temen a luz do sol. Por iso saen de noite e se alimentan de graos e insectos.

Me comentaba o tal Poldo das pericas de Cimadevila, que se dicía que dous labradores do século XV falaban de grandes manxares que había habido no Fornelos de entón, dos que fanfarreaba, e o que o outro afirmaba ser mentira, pois “non había xantado carne de morcego”.

Un día camiñando polo rueiro de Goiende, dicía un deles, encontrara morcegos colgados durmindo placidamente na escuridade dun piñeiro, e os había collido para votalos na cazola, recoñecendo ser certo o reparo no sabor dos mesmos.

Co tempo dérase con outro labrego que era do rueiro de Forneliños, confirmando que presumía de haber xantado morcegos. O caso fora que ambos se recriminaban por consideralos “una maldición” que se habían votado sobre as costas.

Precisamente, un deles non tardara en caer enfermo e morrer. Cando o enterraban no adro da igrexa, estaba acompañado por centos de morcegos. A súa alma saía do ataúde en forma de morcego, e así quedou polo mundo para ser perdoado.

A verdade , fora o que fora, din que o sabor do morcego e similar a do rato, e o caso é que o rato e un mamífero que da respeto a xente, as meigas e trasnos, sen ser ningún manxar especial para as xentes de Fornelos.