¡¡O que son as cousas!!

campana iglesia fornelos
Que un fillo do rueiro do Casco, de Fornelos da Ribeira, o presbítero, José María Cambra e Rivas, vicario da parroquia de San Nicolás (Arxentina), acudira na traxedia da familia e neno Cesar Antonio Cáneva, ten o seu aquel, como diría un labrego de Fornelos da Ribeira. E fora no ano 1.891 cando trabara amizade coa familia italiana,e axudara o neno o seu ingreso no Seminario de Bos Aires.

Aquel rapaciño, despois dos estudos correspondentes foi ordenado sacerdote o 21 de decembro do 1.901 na igrexa de San Ponciano de La Plata.

¡¡O que son as cousas!! Nunha tarde do 13 de Xullo do 1.903, este César Antonio Cáneva chegara a esta cidade,si así se pode chamar, para facerse cargo da parroquia.

Segundo conta Villamayor, que o home que manexaba o “manteo” non descendera do pestante, para axudalo do equipaxe. Por certo, o trasladou onde vivía o crego.

Anos mais tarde, confesaría que sentira medo, polo que nunha santería de Bos Aires, mercara unha Vírxe do Lujan, que o acompañaría. Eran tempos duros de pelar, e os ferigreses non se atrevían a chamar o crego para asistir os enfermos.

Eran tempos ademais, da masonería e escepticismo relixioso.

Non lembro quen fora quen dixo: “Laicos son o noso berce, o noso fogar, a nosa escola, a nosa tumba”.

Con este panorama encontrouse Cáneva, no Azul, no 1.904, con gritos, disparos e insultos. E o 7 de outubro do 1.906, día da patrona do Azul, inaugura o templo maior, con algunha frase: “Unha esaxeración para o seu tempo, uns, e un acerto e orgullo para o porvir, para outros”.

Naqueles silenciosos fillos do deserto,estaban varios irmás de José María Cambra e Rivas, con aquel meniño, logo sacerdote que dicía: “Me recibiron ben, son moi pobres e tristes, non son feroces nin malos, senón mais ben humildes e sumamente sensibles. Me doe o desprezo e a miseria na que se encontran vivindo”.

O Azul crece e se converte en cidade. E esta reseña do meu familiar José María Cambra, nado na mesma casa que eu, me enche de orgullo e entusiasmo a pesares de ser agnóstico en materia relixiosa. Non deixo de recoñecer ¡O que son as cousas! Que aquela axuda o rapaz Cáneva, se convertera en bispo, na súa morte. Para ambos, descansen en paz.