Namorado Das Lucecús

lucecú
Si falásemos dunha escala evolutiva, houbo que agardar tanto tempo, para que os humanos puidésemos controlar a luz, como viñan facendo en outras partes e tamén en Fornelos da Ribeira, este pequenos vagalumes. Precisamente, uns destes vagalumes, nos deixaron coa boca aberta, e mais aínda as abraiadas aptitudes no seu ritual de apareamento, nos que as femias chaman a atención dos machos grazas ao seu brillante abdome.

De rapaz escoitaba falar do bicho do lume, da lucecú, meiga, vella do caldo, vella dos valados, vella facendo o caldo, vella sen dentes, verme da luz. . . E agora deixei de velos, como si practicamente desapareceran. E ¡Non sei por que!

Difícil é sabelo. E o sinto, porque eran para min, sendo neno, unha chamada de atención cando o anoitecer chovendo, os vías polos rueiros ente silvas e toxos. E hoxe me pregunto: ¿Onde están agora?

Estudando un pouco sobre a presenza dos vagalumes era posible atopalos nos seus hábitats propicios, nas noites de Xullo e Agosto. Entón as femias iluminaranse para que os machos as localizaran, de xeito que había moitos machos a procura das femias.

As últimas, cando xa non había machos activos, pasaban as noites subidas nun pau ou pedra agardando a súa parella.

Xa non se ven vagalumes. ¿Cambiaron de hábito? Non o sei, pero xa non se ven camiñar nas noites, quizais tamén porque xa non andamos de noite a pe. Todo e posible.

¿Seguirán existindo en Fornelos da Ribeira? ¿A quen poido preguntar?

De rapaz tiven curiosidade en saber da bio luminescencia dos vagalumes, e outros animais mariños. As lucecús, que nos meus tempos de vida en Fornelos había moitas, tiñan na zona do abdome unha molécula chamada luciferina que o entrar en contacto co osíxeno do ar produce unha reacción química, chamada luciferasa, dando enerxía luminosa de grande eficiencia enerxética de pouca calor.

¡Cantas veces vindo da taberna do Xurreiras ou da Tenda de Guillade, as vías debaixo das silveiras, quedando asombrado da capacidade destes animais para xerar luz!

Para min Fornelos da Ribeira e o eido de Cambra, no Casco, foron o recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento: “Unha porta aberta o mundo, como o foron, para os meus familiares emigrantes na América”.

Era eu pequeno e ver eses bechos que brillaban na noite, era unha curiosidade, que despois de tantos anos sigo lembrando.

¿Cantos anos pasaron xa?