¿Por que cando chove temos mais sono?

almofada
¡Ai amigos! Porque os factores ambientais xogan un papel fundamental a hora de durmir: Temperatura propicia e iluminación. O ciclo do sono vixía, e controlado pola luz. A melatonina está baixo niveis durante as horas de luz e, entón, o proceso fai que caiamos nos brazos de Morfeo.

Aínda hoxe me lembro de cando rapaz, que chuvia en Fornelos da Ribeira, como nunca, e me sentía cansado, nada sabía da secotonina como mero transmisor que xoga un importante papel no control das emocións e nos estados de ánimo. Naqueles tempos que sabía eu, e outros tamén, dos baixos niveis da serotonina e da depresión: Ren. De feito, existía e existe o trastorno chamado “afectivo estacional” na época de pouca luz solar, pero nada mais.
Me lembro que cando chuvia e o facía de verdade, apetecía acurruncharse na cama e observar como te relaxaba a chuvia e te invitaba a seguir na cama.

Unhas das sensacións que lembro era o cheiro a terra mollada, sacada do meu pequeno cerebro, coas emocións de que tanta chuvia traería benestar, vida e natureza.

Tamén me lembro das gotas de chuvia nos cristais que resultaba relaxante escoitándoas na parra ou no cristal da fiestra. Naqueles tempos de nenez, aqueles constantes e uniformes sons, eran interpretados polo meu cerebro, como unha ameaza. Así era para u neno.

Hoxe, sen embargo, nos enchemos de vida saudable o facer deporte, deixar de fumar, como o fixen, comer axeitado, ante o bruxísmo de neno, e dos efectos da saúde. O bruxísmo era coma o rechinar e castañear dos dentes, aínda que era mais común nos adultos.

Lémbrome tamén de cando facía calor para conciliar o sono. Durmir ben coa calor era practicamente imposible. De feito era e é, o factor mais sinalado como resultado do insomnio.

Durmir ben e o mais importante da vida; na entrada da terceira idade se vai deteriorando. O sono, como función fisiolóxica, responde a un patrón determinado que empeza na senectude.

Os maiores, como eu, soemos ir a cama temperan; as fases se acortan e o sono faise fragmentado. Durmir mal e aumentar de peso.

Tamén me lembro das sestas de entón, que se dicía se traballaba mais eficazmente. Eu me pregunto: ¿Onde está o deporte nacional de entón?

Está demostrado que durante o sono reparador a nosa pel se osixena e se repara grazas o traballo do tecido cutáneo. Así que cabe esperar que cando espertemos, cada mañá, as liñas de expresión aparezan luminosas, pero ¡Ollo! Durmir en “certas posturas” pode envellecer a pel. Tomade nota, por si acaso.