Bernardo Estévez Cambra e a súa xente

bahía blanca
Este fillo do meu tío José María Estévez Cambra e sobriño de Rogelio, está integrado na historia do pobo a través do que os vou a contar. Nela encontramos relatos familiares, fotografías recreando a historia e facendo mais ameno o que conto.

Hoxe tócalle a localidade de CABILDO, na Arxentina, emprazada nunha chaira pampeana con un clima temperán, medio húmido, con unha propaganda de terras e Hotel de Emigrantes, para as xentes que buscaban mellor porvir.
Coa chegada de Sarmiento a presidencia de Arxentina, se intentou flexibilizar os camiños que levaban a posesión das terras, como así foi.

Por aquela época se foron orixinando “postas” ou lugares, ou rueiros nos que se proviñan de carne, auga e descanso.

Non o sei, si foi ou non coincidencia do destino dos irmáns José María e Rogelio Estévez Cambra, de Fornelos da Ribeira; Rogelio escribán en Bahía Blanca, e José María, coa librería e o seu fillo Bernardo,casado con Hilda, no 1.907 se trasladaran a CABILDO, como Miguel García, casado con Dores Alonso, onde naceran despois, Abel, Albino e Amada, afillada esta de Bernardo Estévez Cambra. Mestre por aqueles anos da Escola nº 19.

Matías Cruz, nado no 1.873 en Salamanca de España, emigrara a Arxentina e coñecera a Concepción Estévez, nada en Vigo, casando o primeiro de abril do 1.908. E da dona de Bernardo Estévez Cambra, se garda especial atención pola alegría, ensinanza e consellos impartidos.

Hai un dato anecdótico de como a “señorita Stanton” tocaba de ben o piano, e moitas veces o facía de noite en veladas compartidas con Enríque e Eléctra, na que cantaba Estelita Estévez.

No ano de 1.931 se fixera cargo do Rexistro Civil, Filemón Roque González, o mesmo tempo que se instalara o doutor Urbano Estévez con toda a familia. No 1.936 a municipalidade de Bahía Blanca, nomeou como “primeiro médico municipal a Urbano Estévez.

Domingo Otermín que vivía no 1.916, lembra a Escola nº 19 e os seus mestres, Pallarol e a Estévez Cambra, con cariño e esixentes.

A Escola nº 19, funcionou por primeira vez na casa da familia Vander Ploeg, logo no emprazamento actual con Victória Sinclair e Bernardo Estévez Cambra.

Relendo o “CABILDO E SÚA XENTE”, vivencias de 100 anos, me asombrou a cantidade de anécdotas que atesoura esta terra arxentina polos nosos antepasados.

Se adoptaron o rueiro, estaban ben, e se quedaron nesta terra para sempre. . .

Que descansen en paz, moitos deles co pensamento da nosa terra.