O Activismo Social En Fornelos Da Ribeira

camiño santiago fornelos
Si, porque aquel activismo social de antano, en Fornelos da Ribeira, cos seus irmáns residentes na Arxentina, hoxe xa non e igual. Porque, aquel activismo ou militancia, era a dedicación intensa a liña da acción pública, tanto no social como no político, ecolóxico e, incluso, relixioso. E tamén, se entendía como estimación primordial, en contraposición ou “quietismo”, que hoxe se comproba en xeral.

Eu cos meus anos enriba, penso naquela xente nosa, de antes, que en Fornelos, usando o activismo como manifestación a favor da “causa”, dentro do marco legal, se dedicaron as xentes de Fornelos, pola cultura con escolas, polos arranxos da parroquia, cemiterio, camiños, etc…

Aqueles irmáns nosos na América, co seu activismo, o entenderon sempre como unha sobre estimación da vida activa. Hoxe, este concepto de activismo social ou político vai dirixido so a favorecer posturas particulares, dentro das controversias.

Sinto pena, ver como vai morrendo a nosa parroquia cívico relixiosa, en Fornelos da Ribeira, sen actividades relacionadas na defensa do medio ambiente, dos dereitos humanos, dos dereitos dos consumidores, da loita contra a discriminación e pobreza, que tamén existe na nosa terra. A preservación do noso “patrimonio cultural”, camiños, rio e montes. Un exemplo: “A falta de confluencia entre o arte e o activismo cívico creativo, utilizando os medios de comunicación para “promocionar a parroquia”, como outros pobos que saen tódolos días, que Fornelos se sinte Concello, como o fora algún día.

Eu propóñolles as diversas asociacións culturais, veciñais e deportivas e Monte en Man Común, para que os nosos pequenos, comprendan a realidade social que lles rodea, convivindo con ela de forma activa, responsable e integradora, porque e fundamental que a nosa xuventude sexa coñecedora do papel que ven xogando na transformación do noso entorno, sendo conscientes, ademais, de que o pro activismo e un recurso de prevención e protección da entorna.

E esencial que dende o ámbito educativo se desenvolva a participación social, non so para demostrar a nosa capacidade, senón, como ferramenta de aprendizaxe entre iguais. Eu que tanta estima tiven polos paxariños pido un “PROXECTO REISEÑOR” para Fornelos, como xa existe noutros lugares, buscando a universitarios entusiastas, para estes contextos sociais e culturais, o obxecto de reforzar o crecemento persoal, social e cultural da nosa Terra Nai.

Consistirían en actividades durante o ano, de actividades de ocio, culturais, deportivas e sociais, incrementando a auto estima, mellorar a sociabilidade, a comunicación e o crecemento da nosa terra, aportando vínculos a realidade actual, como outros pioneiros xa o fixeran no 2.005/2.006 noutros lugares do pais, nados para establecer redes sociais coa finalidade de favorecer a integración social e linguaxe, contribuíndo a sensibilización en torno de igualdade e inclusión social, sendo como xa fomos noutros tempos pioneiros da Concordia.