A xoaniña e a vagalume

galicia muiño auga san xoan
Éramos, miña irmá Pepiña, que ya descansa e paz, e mais eu, pequenos, e na eira do eido de Cambra, no rueiro do Casco, no verán do 1.945 cando unha Xoaniña se fixera amiga da Vagalume. E baixo as parras do viñedo,cargadas de uvas, mentres nós comíamos uvas brancas, a madriña nos contaba como unha Xoaniña que rondaba polo xardín, quería xogar coa Vagalume; e lle respondera: Pois xoguemos, voando entre as diversas flores que había no xardín.

E como nos contaba a madriña, se foran a xogar, pero unha amiga da Vagalume, empuxara a Xoaniña, e esta caera rompendo as alas, e quedouse chorando e chorando, como unha louca. Todo porque xa non podería voar mais. E proseguía a madriña, contándonos da chegada de outras Xoaniñas que a levaran a urxencias.

Por outra banda, a Vagalume, coma sempre, dicía que xamais podería voar.

– ¿Non poderá voar? Non.

E se puxo a chorar porque xa non podería xogar mais coa súa Xoaniña.

Non queremos que volvas a nosa eira, porque e un perigo, nos contaba, lle dicían aos pais da Xoaniña. E a Vagalume, foise da eira triste, contándolles os pais o que había pasado.

– ¡Non vaias mais a ver a Xoaniña. Busca outra amiga. Pero ela lle dixo: Voulle a pedir perdón.

– ¡Entón vai! E foi. E cando estiveron xuntas, a amiga Xoaniña, perdoou o que lle había pasado coa Vagalume. A quería moito.

Neste tempo da pasada guerra, nos comentaba a madriña tamén, outros contos, como a do “Home do Saco”, e aquelas fillas, boas traballadoras, as que lle regalaran un anelo a cada unha, douro. Pero un bo día, se reuniran nas Fraguiñas, para ver o que podían facer. Se dixeron:

– Vamos ir a ribeira do río Tea, que pasa pola nosa parroquia. E así foi.

A irmá mais pequena que era coxa da perna esquerda, preguntou si ela podería ir con elas.

– Non filla, non vaias que pode ser que vexas “o home do saco”, e como coxeas te colla e te leve, pero o final foise coas demais. E o río se foron todas.

A coxa, precisamente levaba un cesto de roupa a lavar, e para poñerse a faena, quitou o anelo e o deixara enriba dunha pedra. Neste instante viran no río vagando “o home do saco”.

Exclamaron: ¡Aí ven o home do saco!

A coxa tratara de ir na busca do anelo, pero sen saber o porque e o porque non, foi metida nun saco, cantando:
Por un anelo douro
Que no río deixeime
Estou metida nun saco
E non sei si sairei,

Nisto, nos contaba a madriña que vira no eido un veciño, onde era coñecida a rapaza e este sabelo. E como de costume, puxo o saco na chan, cando a rapaza novamente se puxo a cantar:

Por un anelo douro
Que no río deixeime
Estou metida nun saco
E non sei si sairei.

E a madriña proseguía: Chegaran o eido e se puxeran a cear, pero non había viño, e mentres o veciño fora a polo viño, sacaran a rapaza o saco, e esta comentara o sucedido.

Logo, para mais “inri”, meteran un cadelo e un gato no saco en lugar da rapaza.

E así seguiu aquel veciño de parroquia en parroquia, pero dándose conta do que levaba no saco, furiosamente as emprendera a golpes co cadelo e o gato, saíndo o gato tan machucado que aínda se está curando no día de hoxe.