A chasca das miserias

chasca
A Chasca, das miserias, era unha pobre vella que polos anos 1.935 a 1.945 vivía no eido do Rabelo, en Tortoreos, xustamente, coa vivenda de Pastora e Amelia, e tiña un cereixo do que nunca collía cereixa algunha porque tódolos rapaces do lugar non as deixaban madurar.

María da cesteira, comentara que un día lle chegara a porta da súa casa un home, unha mañá de xeada, e que a Chasca o recollera compartindo con el o pouco que tiña para xantar e lle fabricara un colchón de follas de millo, para que puidera durmir.

E a Chasca das miserias o espertar pola mañanciña lle ofrecera un humilde almorzo.

O home agradecido dirixíndose a Chasca: “En vista do seu corazón nobre, vou a concederlle un desexo, pois aínda de como me ves, son na realidade un dos descendentes do Pazo da Mercé”.

Segundo a María da cesteira, non quería nada, el insistira tanto que a pobre Chasca se lembrara do cereixo: “Cando alguén suba o cereixo non poida baixar sen o seu permiso”.

A idea era tan definitiva que o cabo de pouco tempo, tras algúns paus e non poucos xiróns nas cirolas, non volveron mais o cereixo.

Pasaron os anos, quizais algúns mais do 1.945 ata que un home alto e fraco se presentara na porta da Chasca chamándoa: ¡Vamos! ¡Vamos! Que xa é hora.

A pobre Chasca das miserias recoñeceu que era a morte.

¡Home! Agora que empezaba a encontrarme mellor me chamas. ¿Porque non me deixaches coller as cereixas, e prepararme para este viaxe?

A morte disposta a coller as cereixas, pero como estaban no alto tivo que subir a árbore, e nese momento escoitara a gargallada da Chasca, que se asomaba pola fiestra:

¡Morte, aí te quedas ata que eu queira!

E quixo a Chasca, a dicir da María da cesteira, que alí se quedara, pasando os anos e sentindo a falta da morte. Ninguén morría a pesar da fame e miseria, ata que viu cando pasaba por alí o doutor Carballeira, médico en As Neves, e lle di: ¡Oh, miña amiga, avisa a xente do Rabelo que veñan a cortar o cereixo!

En boca da María da cesteira, se dicía que intentaran os veciños cortar o cereixo pero non o lograran. Empezaran, entón, a chamar a Chasca que se lembrara deles, do que tanto habían sufrido, para que permitira a morte baixar do cereixo e seus acompañantes.

Tanto fora así, que a Chasca lle puxera unha condición a morte: “Lembrade o meu fillo, ate que te chame tres veces”.

A morte accedera e baixaron todos os que debían haber morto ata que lles chegara a hora.

Todos menos a pobre Chasca das miserias e o seu fillo. Para iso viviron da fame e da miseria.