As neves do cuco

curuxa
Lémbrome hoxe, como cando era rapaz, nun mes de abril, fai moitos anos, fixera un mes de primavera e fenómenos atmosféricos despois, que a penas as xentes das Neves chamaban “As neves do Cuco”.

Todo fora porque caera neve en Galicia e frío e chuvia na primavera do ano, cando esta xa estaba avanzada, e como di o refraneiro a neve do Cuco chegaba a Galicia. Se refería, claro está, a que tras os primeiros cantos, soen chegar os fríos nos que deixa de cantar producindo o fenómeno do frío e chuvia por estes lares. Moitos anos atrás tamén nevaba en As Neves.

O que si di o refraneiro popular e que aínda podería quedar algunha nevada nas montañas galegas, antes da chegada do verán, que soe facer “a chuvia e frío da Ra” no mes de maio.

Para min e moitos outros, coinciden coa Feira do Requeixo e Mel, en As Neves, todos produtos elaborados polas xentes de Cerdeira, como manda a tradición.

¡Como non me vou a lembrar si o último ano degustei e recoñecín os ben merecidos manxares! Por outra banda DECLARADA FESTA DE GALICIA DE INTERESE TURÍSTICO.

E ademais do cuco, ven logo a Festa da Virxe da Saúde, en Santa Uxía de Setados, acompañada do canto do Cuco, a churrascada.

A Festa do Tinto “Rías Baixas”; a Romaría de Santa Marta de Ribarteme, a mais rara do mundo, a Virxe de As Neves, Romaría de San Nomedio en Taboexa, sen deixar atrás a Festa da Tortilla nas Neves, e o Libramento de Rubiós, o Samaín e Santa Icía de Rubiós, a carreira do Pavo e as diversas actividades do Nadal en As Neves, incluíndo o “Apalpadador”, etc.

Todo un paraíso terreal para o goce das múltiples romarías e festas, con un espléndido patrimonio cívico relixioso a visitar.

¡Ah! Tamén me lembro de ser uns dos mellores rueiros de culto a lamprea e as angulas do río Miño, ademais do viño de Rubiós que ben merecida fama ten de ser moi bo.

E si queredes,a última hora, escoitar a “canción do Cuco” que e exquisita.

Di o amigo de Taboexa, Alejandro Manuel Míguez Álvarez, de que “as pedras falan”. Estou con el, para dar a coñecer a beleza toda da Capital do Sol do Condado: As Neves.

E ten razón, o amigo Alejandro Manuel, de que a néboa permite ver con maior claridade o Condado de Salvaterra do Miño.

Eu, de pequeno, dende o eido dos Cambra, no rueiro do Casco en Fornelos da Ribeira, contemplaba o San Nomedio sen saber entón, que 2.300 anos antes de Cristo, xa fora consagrado como o monte mais alto, a deusa CAL LEACH, raíña da fecundidade e da morte desta nosa NAI TERRA.

Por onde vou sigo falando desas pedras que calan e pensan; soñan como nos, pero non falan nin na Porta do Alén. E penso que as veces pasan desapercibidas como tantas e tantas outras cousas. Quizais pola ignorancia. ¡Que lle vamos a facer! Unha aperta bo amigo.