Os exvotos da parroquia

Iglesia de San Xoán de Fornelos
Os exvotos da nosa parroquia de San Xoán de Fornelos da Ribeira se practicaron dende tempos ancestrais ata non fai moito tempo dunha maneira xeral, rexistrándose manifestacións devotas e milagreiras en perigo de extinción.

O ex votismo, tanto na nosa parroquia como noutras, discorreron dende o anecdótico ata o transcendente, dende o cotiá ata sublime nesta angustiosa aldea das crenzas.

Da senda das ex votas, se desligan outros fenómenos como promesas, ofrendas e ata o mandado dar moedas, ¡Por si acaso!

Eu me digo que parecemos vellos (o somos), incombustibles, felices e autosuficientes para levar a vida e a morte e o medo ¡Que tamén o ai! Sacudidos de morrocotudas bofetadas que alcanzamos con elo.

Hai que dicilo que tamén houbo algún pagan devoto que deixou a marca das sandalias, por si non regresaba do viaxe que emprendera, un sublime ex voto con mais de dous mil anos, no Museo de Zamora. Tal como o digo.

Na miña parroquia cívico relixiosa de Fornelos da Ribeira, era capas de encontrar a todos, coa fama do abade, portador de aliviar as penas, enxaugar lamparons, e suscitar “¡Ais!”, e sorrisos, que tamén estaba para iso.
Así o sinalaba Xaquin Lorenzo, como nos santuarios mariñáns abondaban as ofrendas de gratitude pola salvación dos perigos do mar: Cirios de cera, representación pictórica do suceso en que se vira a vida dos homes, obxectos relacionados con eles, especialmente modelos pequenos de embarcacións, dando testemuña de gratitude dos crentes coa Providencia.

No camiño da castidade, en Fornelos da Ribeira, durante o século XX, a muller casada estaba convertida en NAI exemplar, pechada a cal e canto na casa. E o embarazo era a maior preocupación das nosas mulleres de entón. ¡Non era para menos! Era a súa principal obriga, como dona, exposta a brutalidade do home borracho. Polo que tiña que saír pouco da casa, limitar as actividades, deixar de ir as romarías e reducirse docemente na penumbra do fogar.

Tamén entraron na vida das mulleres agradecidas os milagres que lles concedían as virxes e santos, pero esta é outra historia.

Hoxe, os ex votos van deixando de ser usados, para converterse nuns artefactos culturais e relixiosos que empezaran a expresar as xentes mais oprimidas.

Claro que existen promesas na nosa aldea, de pagar unha misa, simple, ou solemne; ou novenario, en pe ou de xeonllos arredor da Igrexa. Ofertas de “cartos” que se depositan nos petos, velas ofrecidas a divindade como pago de favores, compromisos iluminando a igrexa, honrando a Deus. E tamén representando extremidades superiores e inferiores, como acontece no San Mauro de Salvaterra do Miño.