Mulleres que a historia non nomea

mulleres aldea
Foron moitas que de unha maneira ou outra nos brindaron a súa colaboración, e merecen o noso agradecemento, dende “La Loba”, cos seus gritos roncos e ásperos, vendendo xornais en Pamplona ata “La Braulia” que tiña mais conto que Braulia, a “Chocholina” e “La Fachendosa”, sen deixar atrás “La Sardinilla”, que foron unha institución.

Reconstruír o pasado destas mulleres e o mesmo tempo facer a HISTORIA DA MULLER, ai que partir da vella historia tradicional dos que ostentaban o poder.

Na miña terra de Fornelos da Ribeira, estaban as costureiras, Plácida e Benita, de Rañe, mulleres de moito porte, discretas e celosas da súa independencia. Ninguén soubo sacarlles ningún segredo. As coñecían ben, pero a historia silenciosa era delas.

Eu penso do papel que puideran desempeñar as mulleres de Fornelos na sociedade medieval, restrinxida e limitada. Era o home o que gozaba dos privilexios que lle proporcionaba a Lei, mentres as mulleres se encontraban nunha posición de subordinación ante o amo, pai e irmáns.

Era evidente que a muller medieval tivera que vivir baixo condicións xurídicas adversas, recluída no fogar ata o século XIX.

Repasando a historia nos encontramos co camiño de moitas delas, ingresando nos conventos dedicadas a vida contemplativa e de oración. María de Baiona, por exemplo, fora nodriza do infante Carlos, fillo de Carlos III, percibindo “100 floríns polos 22 meses en criar o infante”.

No ano 1.411 naceran as bordadoras que percibían 7 libras por tecer de ouro para gorecer os zapatos, e 35 soldos polos cordóns de seda, para as sandalias e zapatos.

Fornelos fora terra de xastres e costureiras, sobre todo para levar a cabo a confección das prendas, e había diferencia entre o oficio de xastre e de quen se dedicaba a coser a roupa interior.

Fornelos da Ribeira, tamén tiña algo que ver coa comunidade xudeu que albergaba as pousadeiras artesáns, cambiadores e mercades. Algunha da aljama de Tui ou Ribadavia, onde a usura estaba prohibida.

Na Idade Moderna, a muller en Fornelos coa formación do capitalismo, a progresiva substitución da teoloxía polo humanismo, a consolidación da burguesía como clase social e o desenvolvemento da ciencia xestionaron o mundo Contemporáneo. Avelina Salgués, mestra das meniñas de Fornelos, foi unha pioneira do movemento de renovación pedagóxica con ideas republicanas enraizadas no novo sistema educativo primario. A marquesa da Mercé, en Tortoreos, borra dun plumazo a teoría feminina pechada entre as paredes e se fai cargo dos asuntos familiares con toda enerxía coa súa posición.

En Fornelos houbo mulleres sanadoras, curandeiras e remendadoras de moitos males, sen ter loxicamente, a formación requirida, pero o seu amplo coñecemento das virtudes das plantas e flores, salmos e rezos que podiamos considerar conxuros, (ou “sorguiñas” auténtico insulto na época), pero amparada pola incultura,a superstición e a boa fe das xentes, condenadas pola Igrexa e os médicos.

Fornelos da Ribeira sufriu coa Guerra civil, unha ruptura considerable que repercutiu evidentemente na muller pechada pola tradición que todo o impedía.

Pois aquí, na terra nai onde fun nado, non esquezo as saudades do meu pobo.