O “Señorío” De Fornelos Da Ribeira

castelo de fornelos
¿Que viña sendo o Señorío? Pois, o símbolo dunha ordenación do territorio agrupado a un titular, baixo a súa autonomía terras e homes. Así era e así fora o “Señorío de Fornelos da Ribeira”, desenrolado na Idade Media, e estendida como organización socioeconómica de explotación unitaria. O SEÑOR, se lle atribuía inmunidade, facultades, potestade sobre os que habitaban no territorio subrogándose así na autoridade do monarca e oficiais rexios.

O territorio de Fornelos había sido fundado en tempo ha, polos cabaleiros da moi ilustre e nobre familia dos Fornelos de Teo, no 912, camiño de Úbeda, en Xaén.

Na evolución se distinguían dúas modalidades de expresión do “Señorío”: O “señorío primitivo” do réxime señorial, e a do dominio da terra. Logo nace o señorío xurisdicional por parte do Señor. En paralelo se sitúan os Señoríos de abadengo ou eclesiásticos, con os mesmos dereitos. Entón había grande separación entre vila e aldea. Os Señores vivían na vila de familia acomodada, e os da aldea que vivían e traballaban para eles. Se apropiaban dos recursos, sen darlle maior importancia que a que daba posuír algo. E, entre eles estaba o Señor de Fornelos da Ribeira, PEDRO ÁLVAREZ, polo 1.557, señor xurisdicional pleno, que exercía as funcións administrativas, tributarias xudiciais e tía inmunidade e privilexios obtidos pola concesión real e, porque non, da usurpación de funcións.

Todo o amparo de Carlos V e Felípe II, e a Bula de Clemente VII, Paulo III e Gregorio XII co procedemento da compra venta nos séculos XVII e XVIII.

Unha parte da nosa historia nace no 1.297 con Fernando IV, coa mercé a Vasco Ozores, a través dun privilexio dado en Zamora, as freguesías de Corzáns, Fornelos, Soutolobre e Peñafurada. As tres primeiras a medio camiño entre Ponteareas e Salvaterra cuxo mestrazgo se estendía entre o 1.294 ao 1.306. E se soubo que no 1.332 por Clara Eáns, filla de Johan Martínez e de María Ioanes, a engadida venda a favor de Vasco Ozores, como escudeiro.

E se sabe, que o 15 de Xaneiro do 1.320 Johanes Rodríguez, fillo de Rodrigo Eáns, e de Marinha Moniz, da doazón de certas herdades que tiñan seus pais no Señorío de Fornelos.

E se sabe tamén que no ano 1.325 Vasco Ozores e a súa dona Aldonza Rodríguez, arrendaran a Juan Lourenzo e a súa dona, as herdades da freguesía de Fornelos.

María Pérez da Fonte, de Goiende , vendera a Vasco Ozores e a súa dona Aldonza Rodríguez, unha herdade en “Vargelos” de Fornelos.

No 1.327 Vasco Ozores e a súa dona Aldonza Rodríguez aforan a Pedro Lourenzo de Goiende, unha terra que habían comprado a Juan de Poncio.

E así, andando o tempo, “diredes a Bernal diánez, que si servicio e plazer me ha de facer, luego se conforme e confere con Álvaro de Soutomaior, post poniendo toda qüestion e debate que entre ellos sea e asi confederados se apoderen de la ciudad e villas de todo el arcebispado de Santiago y lo entregue a cobrar la posesión e fortaleza dél. . .”.

E así, mais ou menos naceu o Señorío de Fornelos da Ribeira.