¿Que é para vostedes a matria?

Patria (foto de Eugenio Courret)
Se di que o termo non existe na RAE, pero para a nosa historia de Fornelos da Ribeira, si existira. Si porque sendo un termo que aínda que oficialmente non estea recollido na RAE, circulou pola nosa terra, como para entender a nosa realidade galega. E si queres e algo feminino que ten que ver coa vida feminina propia e allea.

Matria, fora a semente. Non unha sensación de angustia, senón vitalista da toma de conciencia das nosas mulleres galegas. Matria, fora a toma de conciencia do valor da vida das nosas mulleres que a pesar dos pesares fixeron vida, en tempos da inmigración a Castela e emigración a América.

Eu a uso algunha vez nos meus escritos, quizais pola denuncia da memoria histórica, e en homenaxe a todas aquelas mulleres que tiveron que pasar por tantas cousas, para vivir. Matria, nos meus escritos e unha aproximación a orixe da memoria, lembranzas e ¡Tantas outras cousas! Que prefiro calarme.

Cando uso matria, síntome orgulloso do vivido na miña terra de Fornelos da Ribeira, e chorei mais dunha vez polos familiares e amigos falecidos, perdidos no tempo.

Matria, e para min, a sustitución do pai pola nai e patria, das nosas mulleres pedindo xustiza para o campo abandonado; matria, e a dona do emigrante, lonxe da terra. Foron e aínda son as mulleres coa traición a patria, e os vende patrias que actúan con cinismo. Matria, e a dona co carro de bois labrando a terra. Matria, e a feminización dos atributos a nacionalidade.(Matria Europa), matria vasca, matria galega, que ten moito que ver coa identidade, lingua,relixión, tradición e sexo.

Hoxe existe o MOVEMENTO PATRIA, que quere outro mundo posible, sen pobreza e desigualdade, onde se cuide o fogar común,onde a igualdade entre homes e mulleres sexa igual; onde emigrar sexa un dereito, sen exclusistas racistas. Que a economía sexa real e solidaria, onde estea garantido o emprego. Que se fomente a dignidade e permita vivir e gozar da vida, baseada nunha educación universal, igualitaria, social e emocional, na que se constrúa a”revolución do noso tempo”: A revolución solidaria e fraternal global, seguro que chegaremos despois de tanta “patria” o tempo da nova “matria”. Que así sexa”.